Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Robótica e XuvenCiencia (USC) luciron proxectos revolucionarios na Maker Faire Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Robótica e XuvenCiencia (USC) luciron proxectos revolucionarios na Maker Faire Galicia

S. P.
Publicado: 05/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xuvenciencia_galicia_maker_2.jpgAlumnado do grao en Robótica e investigadores do grupo de innovación docente XuvenCiencia do Campus Terra da USC presentaron proxectos de innovación tecnolóxica e kits de experimentación científica na última edición da Maker Faire Galicia, o evento argalleiro-tecnolóxico celebrado esta finde en Santiago, na Cidade da Cultura, no que participaron empresas, estudantes e milleiros de visitantes atraídos pola innovación tecnolóxica.
A delegación luguesa coa que participou a USC na última edición da Maker Faire Galicia permitiu ao público visitante coñecer de primeira man algúns dos prototipos que están a desenvolver o alumnado do grao en Robótica na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus Terra da USC. Ao fío desta actividade, a feira converteuse durante catro días no escaparate no que seis estudantes da USC deron a coñecer as novas propostas tecnolóxicas que están a desenvolver no marco dos seus respectivos Traballo de Fin de Grao (TFG).
xuvenciencia_galicia_maker_3.jpgAcompañados dos profesores de Robótica Enrique Comesaña e Roberto Iglesias, así como do subdirector de Calidade da EPS de Enxeñaría da USC, Carlos Núñez, os estudantes Sarah Fernández, Jesús Blanco, Elías Blanco, Carmen Lardín, Julia Rodeiro, Sergio Rodríguez e Miguel Burés, deron conta diante de industrias e do público en xeral das distintas prestacións que ofrecen diferentes innovacións tecnolóxicas que van desde unha cabeza robotizada que interactúa e detecta emocións, un can de seguimento, un dron con sensores que posibilitan ao operador o seu control por movemento, un proxecto de aprendizaxe federado a través do que distintos ordenadores comparten coñecemento a partir de modelos, ou robots humanoides que con habilidades para procesos de rehabilitación ou coa aplicación Chat GPT incluída.
xuvenciencia_galicia_maker_faire.jpgPor outra banda, os kits de experimentación científica desenvolvidos polo grupo de innovación docente XuvenCiencia da USC tamén foron protagonistas nesta nova edición da Maker Faire Galicia, un evento no que os profesores Mercedes Novo, Wajih Al Soufi e Jorge Dafonte, así como diversos estudantes de mestrado e doutoramento na USC explicaron aos asistentes e, nomeadamente, ao público máis miúdo, as utilidades científicas dos seus kits educativos e de experimentación (Animal CSI, RescueMe, AquaLab, DNAMeat, Fotometrix, VitroPlant e Photonix Explorer).
A presentación destes dispositivos, que segundo salienta a USC, “abren múltiples posibilidades de investigación nas aulas”, estivo acompañada da organización de charlas divulgativas e obradoiros prácticos sobre a luz e as tecnoloxías que empregan luz, así como noutras sesións nas que as persoas participantes puideron comprobar as prestacións que ofrecen os kits de XuvenCiencia para diferenciar carne de vacún ou porcino a partir dunha PCR, visualizar ADN en mostras de sangue, coñecer a humidade e composición dos solos, observar células en fluxos sanguíneos…, segundo explicou a profesora Mercedes Novo, que tamén é a coordinadora do grupo XuvenCiencia da USC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?