Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Como levar a cabo unha axeitada dixitalización, este xoves na Cámara de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Como levar a cabo unha axeitada dixitalización, este xoves na Cámara de Santiago

S. P.
Publicado: 06/06/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

como_dixitalizar_unha_empresa_e_non_morrer_camara_santiago_coworking.jpgA Cámara de Comercio de Santiago ofrécenos esta semana (o xoves 8 en formato exclusivamente presencial) unha nova oportunidade formativa para avanzarmos en transformación: a xornada Como dixitalizar unha empresa e non morrer no intento. A finalidade deste obradoiro é facilitar o proceso de transformación nas pemes da contorna compostelá e, tamén, poñer o foco nas grandes vantaxes destes procesos, que abren grandes oportunidades ás empresas, sobre todo en medre de ingresos, aforro de custes, melloras en calidade ou competitividade.
A xornada virá da man de Socios Digitales, na que empresas tecnolóxicas e consultoras con experiencia en diferentes sectores, poñen o foco nas situacións reais que implica o proceso de transformación dixital, e como abordalas con éxito.
A sesión inclúe tamén unha paréntese práctica para facer networking de calidade con empresas do ámbito da área de Santiago e Barbanza.
Vai destinada a empresarios, responsables IT das empresa, directores xerais, xerentes, CEO (directores executivos), directores financeiros, comerciais e de produción, asesorías ou consultoras.
A cita será como dixemos este xoves 8 de xuño, en horario de 10.00 a 12.00 horas, na sede da Cámara de Santiago (rúa República Checa 40, 15707 – Santiago de Compostela).
Tocaranse temas como os retos e obxectivos da transformación dixital, os pasos que dar na integración da mercadotecnia en liña na nosa empresa, a dixitalización industrial (xestión de persoas e procesos, dixitalización da xestión de tempos e materiais, casos de éxito), a ciberseguridade e as solucións na nube.
Relatores: Hugo Fraga, Rafa Villaverde, Anxo Mourelle, Roberto Alonso.
A actividade está financiada pola Unión Europea-Next Generation EU no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?