Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Improving Metrics e Itelsis, distinguidas polas cámaras coruñesas no Premio Peme do Ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Improving Metrics e Itelsis, distinguidas polas cámaras coruñesas no Premio Peme do Ano

S. P.
Publicado: 06/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

camara_coruna_peme_do_ano.jpgA empresa ABN Pipe, con sede na Coruña e dedicada á fabricación de sistemas de tubaxes e compostos de materiais termoplásticos para os sectores da edificación, a obra civil e a industria, recibiu este martes 6 de xuño o Premio Peme do Ano 2023 da Coruña, un galardón que conceden o Banco Santander e as Cámaras de Comercio da Coruña e Santiago de Compostela, en colaboración coa Cámara de España e o diario La Voz de Galicia.
O director de Administración e Finanzas da compañía, Manuel López, foi o encargado de recoller o galardón, nun acto que se celebrou na sede da Cámara e no que participaron Antonio Couceiro, presidente da Cámara da Coruña; María Pais, presidenta da Cámara de Santiago; Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía; Rocío Pazos, directora territorial do Banco de Santander en Galicia; José Ramón Riobóo, deputado provincial da Coruña; Manuel Galdo, director xeral da Cámara de Comercio da Coruña; e Alfonso Andrade, delegado na Coruña de La Voz de Galicia.
Ademais, concedéronse catro accésits nas categorías de Internacionalización; Innovación e Dixitalización; Formación e Emprego; e Empresa Sostible.
O Accésit de Internacionalización outorgouse a Siotic Spain (Improving Metrics), afincada na Coruña e adicada á analítica de datos e a estratexia dixital. Destaca polas súas solucións de alta calidade baseadas no deseño, análise, extracción e explotación de datos de activos dixitais, segundo informou o xurado.
O Accésit de Innovación e Dixitalización recaeu na empresa de Santiago de Compostela, Sistemas Audiovisuais Itelsis, en palabras do xurado “unha compañía tecnoloxicamente avanzada que dispón do 30% do persoal dedicado a labores de I+D, o que confirma o compromiso da compañía coa investigación como piar que sustenta o progreso tecnolóxico da empresa”.
O Accésit de Formación e o Emprego concedeuse a Gabadi, da Coruña. Gañadora da anterior edición do Premio, é unha empresa do sector auxiliar naval que conta con diversas liñas de negocio para os sectores civil e militar. Con presenza nacional e internacional, está altamente comprometida coa xeración de emprego de calidade.
E, por último, o Accésit de Empresa Sustentable foi para Gestán (Contedores da Coruña), dedicada á xestión integral de residuos procedentes de calquera sector industrial. Dispoñen de centros autorizados de almacenamento, valorización e venda de produtos recuperados, ademais de loxística propia para o transporte de residuos.
Na entrega de distincións, o presidente da Cámara da Coruña, Antonio Couceiro, puxo en valor “a constatación da existencia dun armazón empresarial na nosa provincia, sólido e puxante, conformado por pemes fortes, innovadoras, competitivas e sustentables e en moitos casos con clara vocación cara aos mercados exteriores”. E engadiu: “Esta é sen dúbida a mellor garantía para o desenvolvemento sostido e respectuoso co medio natural da nosa sociedade. As nosas empresas son motor de xeración de riqueza e benestar e hai que poñer en valor o papel que desempeñan”.
O acto foi clausurado por Francisco Conde, que animou “ao tecido empresarial galego a seguir innovando para responder os retos da transición enerxética e dixital”. E engadiu: “Neste contexto de cambios a Administración ten que acompañar ás empresas e facilitar que as pemes e autónomos teñan as mesmas facilidades que as grandes compañías no acceso aos fondos europeos Next Generation, fundamentais na transformación económica e industrial de Galicia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?