Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O portal Proxector recompila unha ducia de vídeos sobre os residuos plásticos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O portal Proxector recompila unha ducia de vídeos sobre os residuos plásticos

S. P.
Publicado: 06/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

proxector_un_planeta_sen_plastico.jpgO portal de divulgación Proxector, impulsado polo Consello da Cultura Galega (Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia) e a USC para achegar á mocidade contidos divulgativos e científicos en galego, achéganos este mes de xuño un novo especial sobre sustentabilidade e novos xeitos de producir. Un planeta sen plástico é o título da nova entrega de Proxector.
Nela, reúnense unha ducia de recursos audiovisuais nos que se analizan as consecuencias que os residuos plásticos teñen para o ecosistema e se propoñen algunhas solucións para revertelas.
Con este especial, o CCG súmase á conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente de 2023, que nesta edición ten como tema central a contaminación xerada polos plásticos.
Os informes da ONU alertan de que cada ano se producen no mundo máis de 400 millóns de toneladas de plástico dun só uso, dos cales entre 19 e 23 millóns rematan en lagos, ríos e mares e arredor de 11 millóns nos océanos. Porén, estas cifras “poderían triplicarse de aquí a 2040”, subliña a nova entrega de Proxector, que pon tamén o foco nos microplásticos. “Estímase que as persoas inxerimos máis de 50 000 partículas de plástico cada ano, e mesmo moitas máis se se teñen en conta as partículas inhaladas”, continúa.
Seguindo este fío, o especial de Proxector do mes de xuño escolma unha ducia de vídeos sobre os contaminantes plásticos. Explicar que son, as súas características e os seus principais inconvenientes é o obxectivo da peza divulgativa Química biolóxica ao rescate. Mentres, en Que lle pasa realmente ao plástico que tiras exemplifícase o ciclo de vida de tres botellas de plástico diferentes para amosar o perigo que teñen este tipo de produtos que a poboación desbota de xeito cotián. As consecuencias que o plástico ten para os ecosistemas é unha cuestión que se aborda en varias das pezas escolmadas: Os microplásticos, unha praga, Un mar de plástico, Pescadores de plásticos e Unha década recollendo lixo.
A nova entrega de Proxector tamén recompila algúns recursos nos que se ofrecen recomendacións e solucións para contribuír a minimizar os efectos da contaminación por plásticos: en Os tres erres: reducir, reutilizar, reciclar e en Un plan radical para rematar cos residuos plásticos.
Complementan o especial o recurso Identificación de plásticos mediante espectometría infravermella, arredor da utilidade desta técnica na clasificación dos plásticos reciclables que carecen de código PIC, e O nacemento do dereito ambiental, sobre como se creou esta nova rama do dereito para protexer o medio ambiente como un ben en si mesmo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?