Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A app Orcinus xa rexistrou 150 avistamentos de candorcas en medio ano de actividade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A app Orcinus xa rexistrou 150 avistamentos de candorcas en medio ano de actividade

S. P.
Publicado: 07/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

candorca_orca.jpgA conselleira do Mar, Rosa Quintana, estivo este mércores en Muros para, entre outras cuestións, facer un balance da actividade xerada pola aplicación móbil autonómica destinada a rexistrar (e reducir) as interaccións con candorcas na navegación. Segundo fixo saber, a ferramenta acubillou 150 albiscamentos en medio ano de funcionamento.
Ademais, engadiu a conselleira, a app Orcinus ten máis de 2.700 usuarios rexistrados de preto de 40 países diferentes. Todas as xeolocalizacións contabilizadas destes animais sitúanse ao sur de Lisboa pola súa dinámica de movemento
Quintana tamén recordou que esta ferramenta, desenvolvida e xestionada polo Bottlenose Dolphin Research Institute do Grove, incorporou melloras froito das suxestións dos usuarios como o incremento do radio máximo para recibir notificacións de presenza de candorcas.
A titular de Mar, que na súa visita a Muros estivo acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e polos representantes das asociacións náuticas ASNAUGA, Mariñas de Galicia e Northmarinas, explicou que o feito de as xeolocalizacións se rexistraran ao sur da capital portuguesa débese “á propia dinámica de movemento das colonias destes cetáceos, que nos meses de inverno atópanse en zonas máis próximas ao estreito de Xibraltar pola procura de alimento e non adoitan desprazarse á costa de Galicia ata os meses estivais, como ocorreu cos avistamentos e interaccións rexistradas nos últimos exercicios”.
Rosa Quintana destacou ademais algunhas das melloras realizadas na aplicación ou novas funcionalidades que facilitan o seu uso froito das suxestións dos usuarios. Entre elas, incrementouse de 50 a 100 quilómetros o radio máximo para recibir notificacións de presenza de candorcas e desenvolvéronse melloras para facer compatible a aplicación con varios sistemas operativos de telefonía móbil utilizados tamén noutros países.
En canto á utilidade de Orcinus, a titular de Mar salientou que está a “ser empregada por unha grande parte de grupos de investigación que levan a cabo mostraxes sobre candorcas, tanto en Galicia como en Portugal e no Estreito de Xibraltar”. Deste xeito, subliñou, “apórtase información precisa sobre a presenza dos diferentes grupos de cetáceos, complementaria á aportada polos usuarios particulares, o que fai de Orcinus unha ferramenta de grande utilidade para colectivos como os náuticos, dos máis afectados pola presenza de candorcas”, dixo.
A aplicación está dispoñible para descarga, entre outros sistemas operativos, tanto en versión Android como IOS (os máis utilizados en España) e permite rexistrar en tempo real a presenza de candorcas así como compartir esta información co conxunto da comunidade usuaria da aplicación. Deste xeito informa dos avistamentos ao momento, así como dos rexistrados nas semanas previas á consulta, facilitando ao navegante datos para unha mellor planificación da súa travesía.
Para iso, calquera usuario pode darse de alta na aplicación e xeolocalizar avistamentos de candorcas na parte do mundo na que estea a navegar. Eses rexistros son verificados polos responsables do mantemento da aplicaicón que se descarga de xeito automático no idioma no que está configurado o dispositivo do usuario e que emprega os mapas de Google do mesmo xeito para darlle carácter internacional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?