Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula de Vigo acollerá dous cursos de verán da UNED sobre a muller na arte, a cultura e as redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula de Vigo acollerá dous cursos de verán da UNED sobre a muller na arte, a cultura e as redes sociais

S. P.
Publicado: 07/06/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cursos_veran_uned_vigo_1.jpgSerá do 3 ao 5 de xullo cando teñan lugar unha nova edición dos cursos de verán da UNED, que neste ano 2023 terán presenza na Aula de Vigo grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra. Desta volta serán as mulleres na produción artística e cultural dende a Idade Media á Moderna e a análise das redes sociais na ensinanza actual os eixos sobre os que xirarán os dous cursos que nesas datas acollerá a sede viguesa en formato mixto (en liña e presenciais) e para os que a matrícula xa está aberta na web da universidade.
Este martes 6 de xuño levábase a cabo a presentación destas accións formativas, nas que participaron a presidenta provincial en funcións, Carmela Silva; o alcalde en funcións de Vigo, Abel Caballero, o director do Campus Noroeste da UNED, Víctor Manuel González, a coordinadora da Aula de Vigo, María del Carmen Martínez Prieto, e Elena Paulino, directora dun dos cursos, que leva o título Mulleres: Arte e cultura na Idade Media e na Idade Moderna.
Segundo María del Carmen Martínez, “os cursos de verán forman parte do programa cultural da cidade de Vigo”, e o director do Campus Noroeste da UNED, Víctor Manuel González, que agradeceu a colaboración do Concello e da Deputación coa institución, subliñou que se tratan dos “cursos máis potentes de toda España”. Tamén fixo fincapé no feito de que os dous que se desenvolverán na cidade olívica están dirixidos por mulleres e tres cuartas partes das persoas relatoras tamén son mulleres. “Son dous cursos –incidiu- que mesturan modernidade e tradición á vez, que amosan de onde se vén no teatro e na literatura por exemplo ata Tik Tok. Desde a historia da muller na arte de hai séculos ao papel da muller máis recente”. E destacou o interese que xa teñen suscitado, xa que hai persoas matriculadas de México, Francia e moitos outros lugares de España.
O curso Mulleres: Arte e Cultura na Idade Media e a Idade Moderna ten ao fronte a Elena Paulino Montero e está coordinado por Rafael Cotelo Pazos. Nos seus relatorios abordarase o papel das mulleres como protagonistas da produción artística e cultural desde o século XV ata a modernidade, con especial fincapé no mundo hispánico. Elena Paulino Montero explicou que no curso “falarase da construción da imaxe do poder feminino para reivindicar o seu papel e sobre a relación das mulleres co espazo, tanto público como doméstico. Daranse a coñecer casos de estudo para analizar as posibilidades que tiveron as mulleres de actuar en distintas contornas históricas –engadiu-. Hai mulleres capaces de exercer o poder, outras que non dispoñen desas ferramentas, outras que loitan contra o entorno social e político… E a idea é amosar toda a variedade de accións das mulleres históricas e como utilizaron a cultura e a arte para poder representarse”. Entre as persoas relatoras figuran Judith Farré, doutora en Filoloxía Hispánica e científica do CSIC; a catedrática da Universidade de Granada María Elena Díez ou a profesora da Universidade de Murcia Noelia García.
O outro seminario que se desenvolverá na Aula viguesa leva por título Redes sociais, tecnoloxías e metodoloxías emerxentes na ensinanza e aprendizaxe de linguas, está dirixido por María Angélica Giordano e coordinado por María Gracia Moreno. Conta con sete conferencias e unha mesa redonda e abordará como as redes sociais están a cambiar o xeito de enfrontar a aprendizaxe, onde a información é máis aberta, flexible e dispoñible a través da interacción e a cooperación. Serán obxecto de discusión e análise a eficacia do informal learning, do social learning, do micro learning e do mobile learning, dando espazo tamén ás últimas tendencias como a realidade virtual ou o metaverso. Entre as persoas relatoras figuran a profesora da Universidade Roma Tres Luisa Messina ou os catedráticos Nicolás Romera (da UNED) e Antonio García (da Universidade de Alcalá).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?