Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As nosas pemes e grandes empresas superan a media estatal no uso da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As nosas pemes e grandes empresas superan a media estatal no uso da IA

S. P.
Publicado: 07/06/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

computador_traballando-11.jpgO Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da axencia autonómica AMTEGA, presentou un novo estudo que pon o foco na presenza das ferramentas dixitais avanzadas no tecido produtivo da nosa terra. Nel achéganse datos moi destacados, como o feito de que as pemes e as grandes empresas galegas superen a media estatal no uso da Intelixencia Artificial. En concreto, as empresas de 10 ou máis persoas empregadas están tres puntos por enriba do 14,8% do conxunto do Estado. A porcentaxe de microempresas galegas que aplica esta tecnoloxía sitúase no 4,6%, unha cifra idéntica á da media española.
Na investigación tamén se fai saber que as solucións de IA máis empregadas nas pemes e grandes empresas son as relativas á automatización de fluxos de traballos e toma de decisións, así como a conversión da linguaxe falada en formato lexible por unha máquina. Nas empresas de menos de 10 persoas empregadas sobresae o seu uso para converter a linguaxe falada en formato lexible por unha máquina.
2023_informe_empresas_portada.jpg Son datos recollidos no informe Galicia. A economía en dixital. A Sociedade da Información nas Empresas de Galicia, correspondente ao ano 2022.
O informe sinala tamén a evolución positiva no uso de Big Data, tanto as empresas de máis de 10 persoas empregadas como nas microempresas, que acadaron un 11,4% (2 puntos máis que o ano anterior) e un 3,7%, respectivamente.
O uso de robots por parte das empresas galegas xa ten valores próximos ao 8%, dato similar ás media estatal. Das grandes empresas que utilizan robots, máis do 85% son robots industriais e arredor dun terzo son robots de servizo.
Tamén se fai saber que o 20% das empresas galegas de 10 ou máis persoas empregadas contratan especialistas TIC fronte á media estatal que se sitúa no 17%. No caso das microempresas, a súa presenza é moito menor (1,3%), “pero en termos similares aos valores que rexistra o resto do Estado, que é dun 1,2%”, explícase no informe, salientándose o medre rexistrado na proporción de mulleres especialistas TIC nas empresas galegas: “O 55,4% das empresas galegas de 10 ou máis persoas empregadas que contan con perfís TIC emprega mulleres para estes postos, o que supón un crecemento relativo do 5,9%”, sinálase. No caso das microempresas, a contratación de mulleres especialistas TIC acada o 47% fronte ao 41,7% do ano 2021, rexistrando un incremento do 12,7% e máis do 100% en dous anos.
Respecto da ciberseguridade, o 52% das microempresas utiliza algún tipo de sistema de protección e, nas grandes empresas, supérase o 88%.
No que atinxe á presenza en Internet, en 2022 un 79,5% das empresas galegas de 10 ou máis persoas empregados tiñan web propia fronte ao 77,9% da media estatal. No caso das microempresas a porcentaxe sitúase no 31%, en valores similares á media estatal (31,8%).
Polo que respecta ao uso de redes sociais estas estabilízase, cambiando a tendencia ascendente dos anos anteriores e situándose nun 36,5% nas empresas de 0 a 9 traballadores e nun 61,2% nas empresas de 10 ou máis traballadores.
No eido do ecommerce, as cifras de vendas por esta vía mantéñense en porcentaxes moi similares ás do ano anterior. O cambio máis destacable é o aumento nun 36% de microempresas que venden por internet.
En termos de conectividade, no informe dise que “ao igual que se ven observando nos últimos anos, a contratación da Internet no 2022 acada a práctica totalidade das empresas de 10 ou máis persoas empregadas e nas microempresas, sitúase no 80,3%”.
Respecto á velocidade contratada, as empresas de 10 ou máis traballadores con conexións de 100Mbs ou máis sitúase no 71% e as micorempresas acadan o 57,7%.
Oinforme recolle o gasto total en TIC das empresas galegas durante o 2022 que superou os 373 millóns de euros. As microempresas destinaron o seu maior orzamento TIC ao gasto en software estándar ou a medida e bens ou servizos TIC mentres o gasto principal das pemes e grandes empresas foi o gasto en servizos e consultas tecnolóxicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?