Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A feira Pont-Up Store abre o prazo de presentación de candidaturas para a súa décima edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A feira Pont-Up Store abre o prazo de presentación de candidaturas para a súa décima edición

S. P.
Publicado: 08/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_popreviapontup.jpgEste venres 9 de xuño ábrese o prazo de presentación de candidaturas para participar na décima edición do Pont-Up Store, que é en palabras do Campus de Pontevedra,“o principal evento de fomento da innovación e o emprendemento do noroeste peninsular”. Desenvolverase os días 29 e 30 de setembro na cidade do Lérez. Contará con 25 stands gratuítos no recinto da praza de España.
Promovido pola Universidade de Vigo, no marco do Campus Crea, e organizado polo grupo de investigación G4P Plus Desenvolvemento Estratéxico: organizacións e territorios e a Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, co Concello de Pontevedra como patrocinador principal, este evento achega aos novos emprendedores e emprendedoras a posibilidade de dar a coñecer os seus produtos e servizos. Nesta décima edición disporán de dúas modalidades para facelo, a través do 35 stands gratuítos que se instalarán no recinto da Praza de España e do evento Pont-Up Exprés, no que dez novos emprendedores e emprendedoras presentarán os seus proxectos a representantes do tecido empresarial galego.
popreviapontup2.jpg Aberto a proxectos de emprendemento “innovador e creativo”, que leven en funcionamento menos de tres anos e medio (42 meses) ou que se atopen nunha “fase moi avanzada de desenvolvemento”, o prazo de presentación de candidaturas para estas dúas modalidades de participación permanecerá aberto desde este venres ata o 9 de xullo. A organización seleccionará as iniciativas baseándose en criterios como a orixinalidade, a innovación e creatividade do proxecto, o seu valor social, a súa sustentabilidade, o seu potencial económico ou social e a capacidade de desenvolvemento futuro.
Nesta décima edición, o Pont-Up Exprés contará cun xurado integrado por Luis López-Boado, director xeral de Pereira Productos del Mar; Xosé Lois Lamazares, coordinador xeral de Daveiga Producións; Maite Rodríguez, responsable de deseño de Finsa, e Ana Olveira, presidenta da Unión de Cooperativas Espazocoop.
A nova edición da feira porá foco no ámbito dos videoxogos, grazas á colaboración de Gaming Troop e á organización do Encontro Indie Galicia – Galicia Indie Summit, promovido pola profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación Beatriz Legerén. Trátase dun evento dirixido a dar visibilidade á industria do videoxogo galega, que visualizará as producións independentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?