Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sistema intelixente EMi chega ás oficinas de emprego de Ferrol e Vilalba
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sistema intelixente EMi chega ás oficinas de emprego de Ferrol e Vilalba

S. P.
Publicado: 12/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

emi_20230612_lorenzanaoficinavilalba.jpgFerrol e Vilalba acolleron este luns 12 de xuño a presentación das vantaxes e melloras postas en xogo polas novas oficinas de emprego, que, entre outras novidades, estrean un sistema de Intelixencia Artificial (EMi) que permitirá mellorar os axustes entre as ofertas e as demandas de traballo.
Na presentación (celebrada nas oficinas Ferrol-Centro e Vilalba) participaron a conselleira de Promoción de Emprego, María Jesús Lorenzana, e a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado. Segundo fixeron saber, as novidades implantadas pola Consellería nas dependencias do Servizo Público de Emprego de Galicia tamén pretenden dar resposta ás necesidades de persoal traballador do tecido produtivo, e ofrecer, a través dun novo programa, unha atención personalizada aos colectivos con maiores dificultades.
A titular de Promoción do Emprego destacou as vantaxes da nova ferramenta tecnolóxica EMi (Emprego Intelixente), baseada na Intelixencia Artificial, que permitirá “axustar en tempo real as demandas de man de obra do tecido produtivo aos perfís das persoas demandantes rexistradas polo servizo público”. Esta solución, que se está a implantar con carácter piloto en tres oficinas (Cambados, Pontevedra e Ordes), estenderase ao resto de oficinas de emprego da comunidade autónoma. “Trátase”, tal e como subliñou Lorenzana, “de aproveitar as posibilidades que brindan a IA e a analítica avanzada para favorecer a xeración de máis e mellor emprego en Galicia”.
eni_20230612_lorenzanaoficinaferrol1.jpg EMi, engadiu, permitirá ás empresas publicar as súas vacantes de forma múltiple e simultánea no Servizo de Emprego e, de xeito gratuíto, noutros portais de emprego e, así, chegar a un maior número de candidatos. O novo instrumento conta cun navegador competencial, para que os orientadores podan obter información sobre as competencias asociadas ás ocupacións; un emulador de ocupacións para buscar o emprego idóneo para cada demandante de emprego; e un recomendador de formación.
A titular de Promoción do Emprego, doutro lado, incidiu en que o Goberno autonómico está a fixar a atención nas persoas usuarias destas oficinas que presentan maiores problemas para atopar traballo. Así, sinalou que a Xunta está a implentar, para iso, o novo programa de seguimento intensivo da demanda de emprego para axudar e apoiar de xeito máis personalizado a aquelas persoas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia que presentan dificultades para atopar un traballo co obxectivo de integralas o antes posible no mercado de traballo.
Para levar a cabo esta iniciativa, a principios de ano incorporáronse ás oficinas de emprego 136 novos profesionais (4 destinados en Ferrol e un en Vilalba) que están a realizar tarefas de orientación e prospección laboral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?