Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A multinacional Boeing visita este mércores a Aula Newton de Galicia na Tecnópole
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A multinacional Boeing visita este mércores a Aula Newton de Galicia na Tecnópole

S. P.
Publicado: 13/06/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tecnopole_aula_newton5.jpgPromover de xeito gratuíto as carreiras científicas e tecnolóxicas entre a mocidade cun enfoque moi innovador é o obxectivo da chamada Aula Newton, unha proposta nada en Noruega por parte da ONG FIRST Scandinavia e que na actualidade se está a estender a escala internacional co apoio de Boeing. No caso galego, contamos coa Aula Newton Galicia, a única que existe en España con carácter permanente, que leva un ano e medio de actividade no Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole (San Cibrao das Viñas, Ourense). Este mércores recibirá a visita Boeing.
Trátase dunha aula de aprendizaxe de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemática que está encamiñada a alumnado desde 2º da ESO a 1º de Bacharelato.
Cómpre sinalar que esta Aula Newton está impulsada conxuntamente pola multinacional aeroespacial Boeing, a organización sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia, a Xunta de Galicia e Tecnópole.
A Aula Newton Galicia vai celebrar dúas xornadas de portas abertas. A primeira será mañá mércores, 14 de xuño, ás 12:30h, para os medios de comunicación e empresas do Parque, coa asistencia de responsables das diferentes entidades promotoras desta iniciativa, entre eles o director de Estratexia e Desenvolvemento de Negocio de Boeing Research & Amp; Technology Europe, Eduardo Carrillo de Albornoz-Braojos; Alysia Tofflemire, directora executiva de First Scandinavia; e o director do Parque Tecnolóxico de Galicia, Javier Taibo.
A xornada do xoves, 15 de xuño, abriranse de novo as portas da Aula para os traballadores e traballadoras de Tecnópole e as súas familias, así como para o público en xeral. Haberá tres pases ao longo da mañá: de 10 a 11:15h, de 11:30 a 12:45h e de 13 a 14:15 h. Os asistentes participarán na actividade A aventura de voar, converténdose en pilotos por un día. Os interesados deberán inscribirse previamente a través da ligazón específica habilitada. As prazas están limitadas a 32 persoas por pase sendo a idade mínima de 10 anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?