Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Secretaría de Estado de Digitalización e IA, o Nodo GalicIA e o Concello da Coruña, Premio Colaboración Interadministrativa do CPEIG pola creación da AESIA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Secretaría de Estado de Digitalización e IA, o Nodo GalicIA e o Concello da Coruña, Premio Colaboración Interadministrativa do CPEIG pola creación da AESIA

S. P.
Publicado: 13/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O Edificio da Terraza na Coruña, sede da AESIA
O Edificio da Terraza na Coruña, sede da AESIA
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concederá o Premio Colaboración Interadministrativa á Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA), con sede física na cidade da Coruña, promovida pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial (SEDIA) do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Digital do Goberno de España, en colaboración co Nodo GalicIA (Nodo Galego de Intelixencia Artificial) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia e o Concello da Coruña.
A Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA) é un organismo de control encargado de supervisar o cumprimento da regulación europea en materia de Intelixencia Artificial, adscrito á SEDIA, supervisando algoritmos tanto do sector privado como público.
Os seus obxectivos son “promover o desenvolvemento e uso responsable, sustentable e confiable da IA; a concienciación, divulgación e promoción da formación; a definición de mecanismos de asesoramento e atención; a colaboración e coordinación con outras autoridades, nacionais e supranacionais, de supervisión da IA; o fomento de contornos reais de proba dos sistemas de IA para reforzar a protección dos usuarios e minimizar os riscos que pode traer a IA en eidos como a seguridade, a intimidade e a saúde das persoas, así como sobre os demais dereitos fundamentais”.
A sede física da AESIA estará na Coruña, en concreto, no Edificio La Terraza, un edificio histórico inaugurado en 1922, de estilo ecléctico-modernista, situado nos xardíns de Méndez Núñez. Nesta elección interviñeron o Nodo GalicIA da AMTEGA e o propio Concello da Coruña, co apoio de grandes empresas tecnolóxicas internacionais e españolas.
Prevese que entre en funcionamento en outono de 2023. “España convértese así no primeiro país da Unión Europea cunha axencia estatal de supervisión da IA, antepoñéndose á entrada en vigor do futuro regulamento aplicable aos sistemas de IA, que establecerá a necesidade de que os Estados membros conten cunha autoridade supervisora nesta materia”, explica o CPEIG a propósito deste premio e dos motivos para distinguir este proxecto.
Os galardóns entregaranse na XV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 16 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.
O director da División de Planificación e Coordinación de Ciberseguridade da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial (SEDIA) do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital do Goberno de España, Miguel A. Amutio Gómez; o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia e representante do Nodo GalicIA, Julián Cerviño; e o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior do Concello da Coruña, José Manuel Lage Tuñas, recollerán a distinción no acto de entrega de premios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?