Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Boeing visita a Aula Newton Galicia, a única permanente de toda España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Boeing visita a Aula Newton Galicia, a única permanente de toda España

S. P.
Publicado: 14/06/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

tecnopole_aula_newton-2.jpgA Aula Newton Galicia, a única que existe en España con carácter permanente, leva un ano e medio de exitosa actividade no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), en San Cibrao das Viñas (Ourense), achegando coñecementos gratuítos de aeronáutica, ciencias, tecnoloxías, enxeñaría e matemáticas a alumnas e alumnos da ESO. A aula, impulsada conxuntamente pola multinacional aeroespacial Boeing, a organización norueguesa sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia, a Xunta de Galicia (GAIN) e Tecnópole, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, foi visitada na mañá deste mércores 13 de xuño por representantes de Boing, precisamente.
Foi no marco dunha xornada de portas abertas na que participaron responsables das diferentes entidades promotoras desta iniciativa. Asistiron, entre outros representantes, o director de Estratexia e Desenvolvemento de Negocio de Boeing Research & Technology-Europe, Eduardo Carrillo de Albornoz-Braojos; a directora executiva de FIRST Scandinavia, Alysia Tofflemire; e o director do Parque Tecnolóxico de Galicia, Javier Taibo; xunto a alumnado e docentes da Aula.
Este xoves, 15 de xuño, haberá unha nova xornada de portas abertas para o público interesado, que poderá participar na actividade A aventura de voar, converténdose en pilotos por un día de xeito divertido e práctico.
Orixes
Desde a súa apertura en outubro de 2021, a Aula Newton acolleu 93 centros de educación Secundaria procedentes de todas as provincias galegas, cun total de 2538 estudantes. No ano escolar 2021-2022, 30 centros e 907 estudantes desfrutaron desta experiencia innovadora, e no que vai do ano escolar 2022-2023 acolleu 63 centros e 1631 estudantes. “Trátase dun espazo de aprendizaxe amplo, permanente e totalmente equipado, aberto ao alumnado de toda a comunidade”, explicaron fontes da Tecnópole, engadindo que por mor do éxito acadado, o parque tecnolóxico adquiriu recentemente un cuarto simulador de voo profesional, coa finalidade de poder ampliar a oferta a máis rapaces e rapazas.
“Desde o establecemento da Aula Newton Galicia, hai só ano e medio, demos pasos importantísimos”, destacou Eduardo Carrillo, apuntando que “grazas á sólida relación de cooperación co Goberno autonómico e debido á forte demanda de escolas e profesores, afianzamos o noso compromiso con Galicia e cos nosos socios locais deixando un testemuño máis da nosa firme vontade de beneficiar a España e as súas comunidades”, manifestou o directivo de Boeing.
Pola súa banda, a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, Patricia Argerey, incidiu en que “é fundamental promover as vocacións científico-tecnolóxicas desde a mocidade e, neste sentido, o Polo Aeroespacial de Galicia ten unha ampla oferta de actividades, entre a que se atopa esta Aula Newton, para impulsar o talento, que presta especial atención ás mozas”. E engadiu:“A Aula Newton foi un grande éxito, non só pola cantidade de participantes e a velocidade con que se esgotan as sesións para os seguintes seis meses, en tan só 24 horas”. Argerey tamén salientou que case a metade dos participantes son mulleres e, en xeral, ao rematar cada xornada, unha importante porcentaxe de alumnos valora no futuro seguir carreiras STEM.
“Ademais, desde Tecnópole personalizamos a experiencia para que a misión de voo sexa na nosa comunidade, contando co apoio do Centro Integrado de Emerxencias 112 Galicia”, comentou Javier Taibo, director de Tecnópole.
Pola súa parte, Alysia Tofflemire, directora executiva de FIRST Scandinavia, puntualizou que “ver a Aula Newton en marcha é moi gratificante para min e para o meu equipo. Estamos moi orgullosos do traballo conxunto con Tecnópole, Boeing e as autoridades locais e conmóvenos ver a importancia que se lle dá ás educacións STEM en Galicia para as futuras xeracións de innovadores e líderes. Estou desexando asistir os triunfos da Aula Newton nos vindeiros anos“.
A Aula Newton Galicia é a primeira en establecerse en España, seguindo o formato de grande éxito en Noruega, que conta con máis de 40 aulas permanentes distribuídas por todo o país. As Aulas Newton contribúen á aprendizaxe e á adquisición de habilidades en materias STEM en contornas de simulación, baixo a supervisión de profesorado especializado.
O apoio do Goberno galego nesta iniciativa é parte do programa autónomo de promoción de vocacións científico-tecnolóxicas ”Voando alto, sumando vocacións”, no que colabora Boeing, socio industrial e tecnolóxico da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?