Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: España confírmase como un país crítico ante o avance da desinformación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

España confírmase como un país crítico ante o avance da desinformación

S. P.
Publicado: 14/06/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

uvigo_xornada_desinformacion.jpgA realidade social e política actual de España, cunha forte polarización cidadá e mediática que se dispara entre diversas campañas electorais, sumado ao anonimato que xeran as redes sociais e a outros acontecementos críticos previos (a pandemia, o cambio climático, a guerra en Ucraína), crea o caldo cultivo ideal para a proliferación de noticias falsas, boatos e informacións sen contrastar. Esta foi unha das conclusións da xornada O impacto da desinformación no ámbito local que se desenvolveu na Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra. Neste senso a decana Emma Torres, engadiu que as fake news téñense convertido nos últimos tempos nun problema social que “preocupa e ocupa” aos investigadores e investigadoras.
Promovido pola Asociación Española de Investigación en Comunicación (AE-IC) e polo proxecto Fakelocal, que coordina o grupo CP2 da dita facultade do Campus de Pontevedra, especialistas de diferentes universidades presentaron neste foro os seus proxectos e liñas de traballo neste ámbito, pondo o foco no impacto que as campañas de desinformación poden ter no eido local.
O encontro tamén permitiu afondar nas temáticas e problemáticas que centraron un maior número de boatos e noticias falsas nos últimos tempos, como a pandemia, a guerra en Ucraína ou os procesos electorais. Estes últimos, de feito, fan que España sexa “un lugar crítico nestes momentos no conxunto de Europa” no referido á proliferación de campañas de desinformación, como recoñeceu o investigador da Universidad de Navarra e coordinador do observatorio ibérico de medios dixitais Iberifier, Ramón Salaverría.
uvigo_xornada_noiticias_falsas.jpgA xornada enmarcouse nas actividades do proxecto Mapa de la Desinformación en las Comunidades Autónomas y Entidades Locales de España y su Ecosistema Digital (Fakelocal), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e coordinado polos investigadores Xosé Rúas e Ana Belén Fernández Souto. O foro incluíu seis conferencias e mesas de debate e foi inaugurado pola vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama.
A conferencia inaugural de Salaverría centrouse na estratexia contra a desinformación da Comisión Europea, na que se enmarca a posta en marcha dunha rede de 14 observatorios, entre os que se atopa Iberifier. “Estes observatorios o que están facendo é un traballo de monitoraxe das campañas de desinformación, coa axuda de fact-checkers, e unha análise sobre o fenómeno”, dirixida a “entender ben cales son as características, as tipoloxías, as tendencias e as canles” desta problemática, “para establecer os marcos regulamentarios” cos que facerlle fronte, explicou.
O seu relatorio permitiu tamén pór o foco nas temáticas que nos últimos tempos “están xerando maior dimensión de contidos de desinformación”. Ese seguimento que realizan os observatorios permitiu constatar como durante a pandemia proliferaron boatos e informacións falsas “sobre a suposta creación e diseminación deliberada do virus ou teorías antivacinas”, mentres que, a comezos de 2022, a invasión de Ucraína viuse sucedida “por toda a desinformación vinculada á guerra e, moi particularmente, ás narrativas que viñan de Rusia, para tratar de romper a unidade da UE”. Alén dun “terceiro grande asunto, máis latente” e vinculado ao “negacionismo do cambio global, tras o que hai tamén unha serie de intereses internacionais”, outra dos “grandes focos da desinformación en Europa” foi nos últimos meses o relacionado cos procesos electorais, explicou, especialmente en casos como o de España, onde os recentes comicios municipais e autonómicos veranse sucedidos polas eleccións xerais de xullo. Nese senso, Salaverría recoñeceu que se ben isto dáse en menor medida nas eleccións locais, un dos eixe do actual traballo de análise dos observatorios é o da “inxerencia estranxeira” neste tipo de procesos.
Tras este relatorio, a xornada continuou cunha conferencia da investigadora da Universidad de Valladolid Rosa Campos, centrada na desinformación parlamentaria e o seu impacto na axenda local, para logo afondar, da man de Sara Pérez Seijo, no proxecto Medios audiovisuales públicos ante el ecosistema de las plataformas: modelos de gestión y evaluación del valor público, Valcomm, de referencia para España, que coordina a Universidade de Santiago de Compostela e que colabora tamén na organización desta xornada.
Pola tarde, a actividade continuou cunha mesa sobre novas formas e audiencias da desinformación, na que interviñeron Javier Marzal (Universitat Jaume I), Alba Silva (USC), Natalia Quintas (Universidade da Coruña) e Mabel Míguez (UVigo), seguida da presentación dos avances do proxecto DEBATrue, que coordina tamén o grupo CP2. Centrado na creación dunha plataforma web de verificación de información orientada ao debate político, Rúas e o tamén investigador da UVigo Andrés Mazaira presentaron algúns dos traballos levados a cabo no marco deste proxecto, como a posta en marcha dunha caixa de ferramentas para a busca e verificación de información.
A xornada pechouse cun relatorio de Andreu Casero, tamén da Jaume I, sobre os traballos de investigación, transferencia e innovación sobre desinformación que se levan a cabo en España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?