Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG crea unha tecnoloxía para o aforro das comunidades enerxéticas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG crea unha tecnoloxía para o aforro das comunidades enerxéticas

S. P.
Publicado: 14/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

itg_agerar_ii.jpgO autoconsumo colectivo e a transición enerxética son factores que sitúan ao consumidor como protagonista da xestión. Conforme a isto, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) desenvolveu unha tecnoloxía que permitirá aos usuarios de Comunidades Enerxéticas Locais (CEL) aforros dun 10 a un 15% na súa factura enerxética. Mediante a creación dunha comunidade enerxética virtual e a xestión intelixente, e coa aplicación de algoritmos de Intelixencia Artificial, o ITG amosa que se pode optimizar a xestión da enerxía e predicir consumos.
Estas son algunhas das conclusións de AGERAR II, proxecto transfronteirizo, liderado por ITG, no que participan tamén o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) e o Instituto Nacional de Estadística y Geografía (INEGI), e cuxos resultados foron presentados na mañá de hoxe (mércores 14 de xuño) na sede de ITG, na Coruña.
O proxecto europeo AGERAR II (Almacenamiento y gestión de energías renovables en comunidades energéticas locales) ten como obxectivo promover modelos enerxéticos innovadores baseados no uso de tecnoloxía intelixente que axude a comunidades a decidir de xeito máis eficiente, promovendo un uso máis sustentable dos recursos, con beneficios ambientais, económicos e de aforro enerxético.
santiago_rodriguez_charlon_director_de_energia_de_itg.jpgSantiago Rodríguez Charlón (director de Enerxía en ITG), puxo como exemplo un polígono industrial, onde os propietarios das naves, comercios, etc poden decidir cando e como fornecer, consumir, almacenar e distribuír a enerxía renovable que eles mesmos xeren. Para iso, os socios participantes en AGERAR II desenvolveron tres liñas de investigación: a dixitalización de comunidades enerxéticas locais, a avaliación de novas tecnoloxías de almacenamento (hidróxeno e SuperCondensadores Híbridos) e o desenvolvemento de algoritmos de Intelixencia Artificial.
Para este proxecto, ITG desenvolveu unha plataforma de xestión intelixente que combina as últimas tecnoloxías de Intelixencia Artificial e algoritmia para optimizar os parámetros enerxéticos e económicos das CEL. A través de sistemas preditivos, anticípase aos cambios na xeración e a demanda de enerxía e adapta a repartición enerxética entre os participantes da comunidade para maximizar o beneficio común.
Asemade, optimiza o uso de sistemas de almacenamento (baterías) e cargas non esenciais (vehículos eléctricos) mellorando a utilización dos devanditos sistemas e diminuíndo o custo enerxético global.
Outro dos desenvolvementos de ITG neste proxecto é a creación dunha Comunidade Enerxética Virtual, ou sexa: a recreación de modelos dixitais que representan elementos das CEL como plantas fotovoltaicas, baterías ou vehículos eléctricos, conformando unha Comunidade Enerxética Virtual.
Pola súa banda, INTA e INEGI investigaron a viabilidade técnica e económica do uso do hidróxeno nas comunidades enerxéticas. Isto permitiría reducir o posible desfasamento entre a produción e o consumo de enerxía nas comunidades de autoconsumo colectivo, aproveitando o excedente e converténdoo en hidróxeno renovable, para ser reutilizado. Así, poderíase inxectar na rede de gas natural das CEL e xerar enerxía eléctrica empregando pilas de combustible, achegando enerxía limpa aos consumidores, combinando con outras renovables (solar fotovoltaica).
Dende INTA, avaliouse o uso da tecnoloxía dos SuperCondensadores Híbridos (SCH) nas Comunidades Enerxéticas Locais, coas vantaxes dos supercondensadores tradicionais, que ofrecen unha elevada potencia nun curto período de tempo, coa capacidade de almacenamento das baterías de litio, facéndoos idóneos para as comunidades enerxéticas.
As comunidades enerxéticas locais están a converterse nunha resposta eficiente e sustentable aos desafíos enerxéticos. Son grupos de individuos, empresas ou institucións que se unen para xestionar e compartir recursos enerxéticos de maneira local. O seu obxectivo é promover a produción, distribución e consumo de enerxía renovable a nivel comunitario, fomentando a autosuficiencia enerxética, a eficiencia e a redución de emisións. As CEL buscan situar ao cidadán no centro do ecosistema enerxético.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?