Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O congreso EUNIS reúne en Vigo 210 asistentes de 24 países
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O congreso EUNIS reúne en Vigo 210 asistentes de 24 países

S. P.
Publicado: 15/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_eunis1.jpgO Auditorio Mar de Vigo acolle dende este mércores (e ata o venres) a cita anual de EUNIS, a organización europea de sistemas de información universitarios. Esta edición, coordinada pola Universidade de Vigo, ten como lema Universidades europeas e transformación dixital. Retos e oportunidades e nela participan 210 asistentes de 24 países, principalmente de Europa, como destaca Marín López Nores, docente da EE de Telecomunicación e responsable do comité organizador xunto co tamén docente do mesmo centro Juan José Pazos, director da Área de Transformación Dixital da UVigo.
En total, nestas tres xornadas presentaranse arredor de 60 relatorios e os debates centraranse en tres temas principais: Intelixencia Artificial, ciberseguridade e alianzas europeas de universidades, como explicaba no acto de apertura o presidente de EUNIS, Raimund Vogl. Na inauguración participaron tamén o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, xunto coa concelleira e docente tamén da Universidade viguesa Ana Mejías.
Vogl foi o encargado de dar a benvida aos máis de douscentos asistentes a este vixésimo noveno congreso de EUNIS, asociación que, como el mesmo lembraba, naceu en 1993 como punto de encontro dos responsables da xestión, desenvolvemento e políticas de Tecnoloxías da Información (TIC) na educación superior en Europa, co obxectivo de contribuír á mellora dos sistemas de información de alta calidade.
O reitor, pola súa banda, quixo lembrar que a proposta de Vigo como sede deste 29 congreso de EUNIS tivo o seu xermolo no vicerreitor Manolo Ramos e, tras o seu falecemento, foron os profesores Pazos e López Nores os que tomaron a remuda, algo que lles agradeceu agarimosamente, estendendo este recoñecemento a todas as persoas que formaron parte do comité organizador.
Pola súa banda, a concelleira de I+D e Dinamización Administrativa, Ana Mejías, trasladou ás persoas asistentes o saúdo do Concello e do seu alcalde, Abel Caballero, e remarcou o importante que é para a cidade acoller congresos coma este da man da UVigo, porque “as universidades teñen un papel transcendental neste novo ecosistema conectado e dixital, onde os valores do humanismo deben guiar os avances científicos e tecnolóxicos”.
O obxectivo do congreso é presentar e publicar os últimos resultados da investigación, desenvolvemento e implantación de tecnoloxías e sistemas da información para Institucións de Educación Superior (IES) e intercambiar perspectivas e experiencias en relación á transformación dixital das universidades europeas, co propósito de avaliar estratexicamente os retos e oportunidades nunha era de novas preocupacións sobre a demografía, a mobilidade, a enerxía e a soberanía dixital.
O programa EUNIS 2023 comprende presentacións orais, presentacións de pósters, mesas redondas, relatorios, sesións prácticas e exposicións. Artéllase arredor de varias temáticas. Por unha banda, preséntanse relatorios arredor da gobernanza e as políticas para a educación superior e a investigación, e pola outra afóndase no deseño, o desenvolvemento e a implantación de sistemas de información tanto para a xestión interna, como para a cooperación interinstitucional ou para o teletraballo, a seguridade da información, a Intelixencia Artificial ou o benchmarking. Finalmente, outra liña temática comprende relatorios sobre aprendizaxe, docencia e investigación.
Tras o acto de apertura celebrouse a conferencia de apertura, a cargo de Nuno Escudeiro, profesor do Departamento de Informática da Escola de Enxeñaría do Instituto Politécnico do Porto e coordinador da Universidade Europea ATHENA, consorcio do que a Universidade de Vigo forma parte. No seu relatorio explicou a experiencia da posta en marcha desta universidade europea, a súa estrutura e obxectivos e tamén analizou de xeito máis xeral a gobernanza e as Tecnoloxías da Información nas alianzas universitarias europeas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?