Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Senén Barro expón os avances do CiTIUS no foro Future Trends de Madrid
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Senén Barro expón os avances do CiTIUS no foro Future Trends de Madrid

S. P.
Publicado: 15/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citius_senen_barro_future_trends.jpgÁ 20ª edición do foro Future Trends, que se levou a cabo esta semana (do 12 ao 14 de xuño en Madrid) promovido pola Fundación Innovación Bankinter, acudía Senén Barro, director científico do CiTIUS para falar das liñas de investigación do centro con potencial aplicación no eido da neurotecnoloxía.
“Hoxe só mencionarei tres; pero, dunha maneira ou outra, todas as liñas de investigación do CiTIUS teñen unha potencial aplicación na neurotecnoloxía”. Con estas palabras comezaba Senén Barro a súa intervención no foro Our future selves: from repairing to enhacing human capabilities.
Ao longo da súa intervención neste encontro, enmarcada nun panel titulado Entidades de Intelixencia artificial e Neurociencia, o máximo responsable do CiTIUS compartiu cartel con Viktor Jirsa, director científico de EBRAINS: unha nova infraestrutura dixital de investigación financiada pola Unión Europea a través do Proxecto Cerebro Humano, que reúne unha ampla gama de datos e ferramentas para a investigación relacionada co cerebro.
Tras unha breve introdución sobre o centro e o seu persoal, Senén Barro debullou algúns dos resultados recentes do CiTIUS. Salientou as achegas recentes na área do deseño de chips intelixentes: “un dos principais resultados da nosa área científica relacionada co deseño electrónico de dispositivos intelixentes é o desenvolvemento dun recolector de enerxía luminosa biocompatible e totalmente autónomo”, indicou. “Partindo dunha cantidade ínfima de enerxía -que podería achegar o propio organismo- podemos amplificala para alimentar outros chips -como sensores- en calquera parte do corpo, incluído o cerebro”. Tamén na área de deseño de chips citou a participación do centro no proxecto MISEL, “cuxo obxectivo é levar a intelixencia artificial ao propio hardware” (*edge computing), “*e conseguir un sistema de visión autónomo e bioinspirado, optimizado tanto en tamaño com en peso ou consumo”. Un proxecto que abre o camiño a unha nova xeración de dispositivos “potencialmente implantables, mesmo no cerebro”.
Asemade, o director científico citou tamén o traballo desenvolvido no Laboratorio de R ealidades Intangibles do CiTIUS, implicado en como pode empregarse a Realidade Virtual multi-persoa en contribucións a eidos como a simulación científica, a visualización de datos ou a educación. “Un dos resultados máis recentes e interesantes demostra que a RV pode producir efectos perceptivos comparables aos das drogas psicodélicas, sen os seus riscos asociados”, engadiu.
Finalmente, Senén Barro aludiu á liña de investigación centrada no paradigma de Aprendizaxe Federada: “aplicamos esta técnica para detectar automaticamente a actividade física dunha persoa, simplemente usando os sensores inerciais do seu smartphone”, afirmou. “Pero tamén é posible, por exemplo, diagnosticar as primeiras fases da doenza de Alzhéimer a partir dos patróns de movemento durante a nosa vida cotiá, ou diagnosticar a enfermidade de Párkinson a partir dos patróns de escrita nos teclados dos dispositivos persoais, cando a enfermidade comeza a aparecer”. O director do centro fixo fincapé nun dos asuntos clave, a privacidade da información: “unha das características da Aprendizaxe Federada é que os datos que se obteñen de cada dispositivo só se empregan para aprender un modelo local, que será o que posteriormente se utilice no marco dun modelo global. “A principal vantaxe diso é que este modelo global achega mellores resultados de saída que os modelos locais e, ao mesmo tempo, é capaz de preservar a privacidade dos usuarios, porque os datos que serven para crear o modelo exportado nunca chegan a saír dos dispositivos, respectando así a intimidade das persoas”. Para rematar engadiu que: “Sen dúbida, as posibilidades das neurotecnoloxías e a IA son enormes, e aínda están por descubrir e desenvolver”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?