Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O IES Rosalía de Castro de Santiago recibe o Premio de Divulgación Científica 2023 da RAGC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O IES Rosalía de Castro de Santiago recibe o Premio de Divulgación Científica 2023 da RAGC

S. P.
Publicado: 16/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premios_stephen_hawking.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) concedeu “por unanimidade” o Premio RAGC de Divulgación Científica 2023 ao centro de ensino público IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. A Academia recoñece así “o proxecto educativo do instituto no fomento da cultura científica e tecnolóxica”.
A entidade tamén salientou que “o Instituto Rosalía de Castro ten como obxectivo que o seu alumnado cultive a curiosidade e desenvolva habilidades para a indagación e a investigación. Deste xeito, senta as bases dunha cultura científica entre os estudantes da ESO, Bacharelato, STEAMbach, ciclos de FP e ESA, que lles permite acceder de xeito máis doado á investigación na universidade”.
A RAGC salienta que o dito ideal STEM faise explícito “nun programa científico notable” con actividades como o Premio Stephen Hawking, para alumnado de Bacharelato de centros galegos; o Premio IN: Innovación, Investigación e Invención, para estudantes da ESO; e a participación relevante na Semana da Ciencia ou no Rally Matemático sen Fronteiras.
A academia tamén destaca que no ano 2009 celebrouse no instituto o certame internacional Ciencia en Acción e que o alumnado do centro participa frecuentemente nas Olimpíadas Científicas, no Certame de Investigadores Novos ou no Día da Nena e a Muller na Ciencia.
“Unha premisa do centro é que a ciencia e a tecnoloxía son piares fundamentais do desenvolvemento da sociedade actual; ciencia e tecnoloxía son unha parte máis dunha formación que inclúe competencias lingüísticas, humanísticas, artísticas e solidarias. Así se recolle nos diferentes proxectos que se lles ofrece ao alumnado, que se familiariza coa ciencia desde os primeiros anos do instituto. Con este galardón, a Real Academia Galega de Ciencias quere tamén valorar o traballo nos centros de Secundaria á hora de captar vocacións e estender este recoñecemento a todos os institutos que inclúan este ideal no seu traballo diario”, manifestan desde a RAGC.

O profesor Xavier Mouriño
O profesor Xavier Mouriño
Pola súa parte, o director do IES Rosalía de Castro, Xavier Mouriño, salienta que desde o centro “apoiamos e animamos aos rapaces e ás rapazas para que empecen a investigar. Poñemos as primeiras pedras co propósito de que aprendan desde a base. Estamos moi satisfeitos e orgullosos do noso alumnado e dos nosos docentes, que alimentan a súa curiosidade, pero tamén de todo o alumnado galego, que participa en moitas das nosas actividades como o Premio Stephen Hawking, con centros de Ensino Secundario procedentes de toda Galicia. Detectamos un nivel excepcional dos traballos que se presentan en cada edición. Sorpréndennos ver como se achegan á investigación, a súa orixinalidade nos contidos e na presentación”. O director pon de relevo que o premio da Academia Galega de Ciencias é “un recoñecemento de todos os centros galegos que traballan por espertar vocacións científicas entre os rapaces e rapazas”.
O xurado desta edición estivo composto polos académicos da RAGC Ángel Carracedo, que actuou como presidente; Minia Manteiga como secretaria; ademais de Antonio Ballester, Antonio Rigueiro e José Ramón Cancelo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?