Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME achega seis novos obradoiros TIC entre o 19 e o 23 de xuño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME achega seis novos obradoiros TIC entre o 19 e o 23 de xuño

S. P.
Publicado: 19/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme_900x600-5.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa de capacitación tecnolóxica SmartPEME, organiza na semana do 19 ao 23 de xuño seis novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros para persoas autónomas, pequenas e medianas empresas e profesionais. A media ducia de actividades programadas desenvolveranse de xeito telemático e presencial. Os obradoiros serán sobre o uso do antivirus e as actualizacións do software, fabricación dixital, packaging, deseño gráfico, a viabilidade dun proxecto emprendedor e finanzas.
As accións formativas inícianse o luns 19, ás 10:00 h, con Ciberseguridade, Antivirus e actualización do software. A finalidade deste taller telemático é promover as actualizacións do software para previr as vulnerabilidades e o uso dos antivirus. Será impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.
O martes 20 haberá dúas actividades formativas. A primeira ás 11:00 h co título Fabricación dixital. Laminador resina preparación de impresiones, a cargo de Manuel Freire. O obradoiro enmárcase no itinerario formativo que abrangue unha primeira parte teórica online e unha segunda parte presencial con prácticas no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. As persoas asistentes formaranse no manexo de debuxo 3D con Onshape (16h), impresoras 3D de filamento (8h), impresoras 3D de resina e escáner 3D (2h). Xa pola tarde, ás 17.00 h, impartirase telematicamente Packaging, todo o que necesitas saber para o teu e-commerce que aportará os coñecementos que se precisan para realizar a embalaxe, dende a forma de envío, ata os parámetros de sustentabilidade que cómpre ter en conta, ou os elementos experienciais. O taller será dirixido por Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relaciones Públicas pola Universidade de Vigo con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e imaxe corporativa.
O mércores 21, ás 17.00 h, celebrarase unha acción formativa telemática centrada na Xerarquía no deseño: a orde da información. Nela, daranse a coñecer métodos para xerar máis atención visual e analizaranse os deseños para poder aplicalos a un propio. Lara Taboada, titulada superior en Ensinanzas Artísticas de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa, será a encargada de impartir a actividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?