Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vilagarcía acolle un curso de verán da USC para mellorar a empregabilidade da xuventude con coñecemento TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vilagarcía acolle un curso de verán da USC para mellorar a empregabilidade da xuventude con coñecemento TIC

S. P.
Publicado: 20/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vilagarcia_tecnoloxias_xuventude_curso_veran.jpgO Grupo de Investigación Esculca, da USC, coa colaboración das Concellerías de Xuventude e Educación do Concello de Vilagarcía de Arousa, organiza o curso de verán A formación e o emprego da xuventude nun mundo dixital, dirixido a permitir que a mocidade local suba nova novos chanzos en materia de capacitación tecnolóxica, con vistas a mellorar a súa empregabilidade. Celebrarase os días 18, 19 e 20 de xullo de 2023 no Auditorio de Vilagarcía, en horario de mañá e tarde.
A actividade formativa conta con 150 prazas e está aberta a todo tipo de público. A matrícula ten unha cota xeral de 70 euros e outra bonificada, a 40 euros, para estudantes, persoas desempregadas, pensionistas e membros da asociación de antigos alumnos da USC. As persoas interesadas poden inscribirse ata o 7 de xullo a través da web da USC.
Segundo informan fontes do Consistorio, “este novo curso da USC pon de manifesto un ano máis a firme vocación universitaria que ten Vilagarcía, concello que xa hai décadas é sede oficial dos cursos de verán desta institución académica e no que, dende hai tres, tamén do programa IV Ciclo para a formación das persoas maiores de 50 anos”.
Nun plano máis concreto os obxectivos desta actividade formativa son “comprender os principios e procesos que rexen o uso das redes sociais no mundo das profesións actuais; coñecer as bases da comunicación dixital e a súa aplicación práctica en diferentes contextos profesionais; analizar a importancia do autocoñecemento do perfil profesional na promoción da empregabilidade e concienciar sobre a relevancia da formación en competencias transversais como elemento clave na mellora da empregabilidade”.
A actividade tamén persegue “formar na busca, consulta e candidatura a ofertas de traballo a través de Internet, aprendendo a deseñar un perfil profesional online; reflexionar sobre as vantaxes do uso das novas tecnoloxías para mellorar a empregabilidade e identificar diferentes plataformas e redes sociais onde explorar posibilidades laborais axustadas ao perfil profesional”.
Os contidos desenvolveranse mediante relatorios e mesas redondas nas que intervirán expertos, docentes e responsables políticos e do sector empresarial. Amais, celebraranse obradoiros nos que os alumnos poderán aprender de forma máis práctica algúns dos conceptos e técnicas expostos.
O curso ten unha duración de 18 horas lectivas e permitirá aos asistentes obter 1 crédito ECTS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?