Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG incorpora IA nos novos modelos de economía circular dos residuos industriais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG incorpora IA nos novos modelos de economía circular dos residuos industriais

S. P.
Publicado: 22/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

itg_symsites_011.jpgO Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) participa nunha macro-iniciativa europea que permitirá tratar residuos xerados en contornas industriais para reutilizalos en forma de rega, fertilizantes, bioplásticos e enerxía (como metano e hidróxeno). Trátase do programa SYMSITES, no que participan 30 socios de 8 países co obxectivo de avanzar cara a unha economía circular real. Liderado desde España por AITEX, o centro tecnolóxico ITG foi o anfitrión e organizador na Coruña da asemblea xeral, que reuniu durante dous días a investigadores de todas as entidades participantes para analizar os avances deste consorcio europeo.
Para o desenvolvemento destas solucións deseñáronse catro EcoSite en España, Dinamarca, Austria e Grecia, que son contornas baseadas en EDAR, industrias ou empresas agrícolas as cales formarán un centro de recolección de augas residuais, biorresiduos e refugallos non reciclables xerados por contornas urbanas e industriais. “O tratamento destes residuos”, explica o ITG, “permitirá xerar auga limpa, enerxía, produtos reciclados (lodos, biogás) e produtos de alto valor engadido, como fertilizantes, para unha segunda vida”. O instituto galego engade que cada un dos EcoSite está centrado nun tipo de actividade industrial. Así, en España (Alcoy) trataranse residuos dos sectores da cosmética e o téxtil. En Dinamarca serán residuos derivados da actividade cervexeira e da agricultura local. En Austria, pola súa banda, traballarase coa industria cárnica e en Grecia, coa do aceite de oliva.
SYMSITES desenvolverá novas tecnoloxías e metodoloxías de participación entre os participantes para probar o concepto de Simbiose Industrial-Urbana (i-US). É dicir, estes catro EcoSite xerarán enerxía, residuos tratados (convertidos en novos recursos) e fluxos de augas residuais tratadas entre entidades urbanas e industriais.
Respecto do papel xogado polo ITG, o instituto lidera o desenvolvemento dos sistemas de información do proxecto, a través da combinación de diversas técnicas de Intelixencia Artificial e cálculos clásicos. Faino co deseño e programación dun sistema de información cunha tripla perspectiva:
• O soporte aos novos procesos de tratamento, que se levará a cabo mediante o desenvolvemento de xemelgos dixitais para o tratamento avanzado dos residuos e auga, utilizando IoT (Internet das Cousas) e a xeración de modelos baseados en técnicas de Machine Learning e Deep Learning (Aprendizaxe Máquina e Aprendizaxe Profunda).
• A análise territorial do potencial destes novos modelos de economía circular, que permitirá analizar a viabilidade da simbiose urbano industrial baixo tres dimensións; a técnica (capacidade de tratamento dos procesos), a ambiental e a económica.
• O soporte á análise de impacto de novas políticas públicas; desenvolvida pola empresa italiana Klink, permitirá analizar o impacto social en variables como o emprego, ou a economía.
Juan Luis Sobreira Seoane, director da División de Innovación Aberta de ITG, destaca que “SYMSITES fará posible que as emisións de gases de efecto invernadoiro sexan case nulas nestas contornas e que haxa vertedura de auga case inexistente. Permitirá así mesmo a valorización do 70% da enerxía e reducir nun 50% a xeración de residuos industriais. A dixitalización que abordamos permitirá dar soporte ás decisións políticas tendo en conta a dimensión social, e favorecer a comercialización e casación da oferta e a demanda ao redor dos produtos resultantes como o biogás, a auga reciclada, os bioplásticos ou os fertilizantes, entre outros. É un orgullo reunir na Coruña a expertos internacionais en xestión urbana e darlles a coñecer por unha banda a tecnoloxía que desenvolve o noso centro tecnolóxico, e por outro a cultura, gastronomía e historia de Galicia a través de diferentes actividades de lecer paralelas ao encontro”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?