
Para Ramón Ares, director executivo (CEO) de Ozona Tech, “o escritorio remoto é estratéxico para unha organización cunha gran dispersión xeográfica e cunhas evidentes necesidades de seguridade”.
A empresa galega lembra que o MAEUEC desenvolveu hai anos un modelo de posto de traballo virtualizado que achega grandes vantaxes aos usuarios, “ao proporcionarlles un acceso de maneira transparente e directa aos recursos corporativos” e que “permite aos informáticos do ministerio realizar unha administración centralizada dos escritorios de centos de funcionarios que traballan en embaixadas e consulados de todo o mundo”.
Ozona Tech, que conta con máis de 20 anos de experiencia na modernización do posto de traballo, gañou outro concurso público a finais de 2021 licitado pola AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) para a consultoría e implantación dunha solución de virtualización de posto de traballo (VDI) por un importe duns 5 millóns de euros destinados a despregar 10.000 escritorios virtuais en catro anos.
O Ministerio de Asuntos Exteriores adxudica a Ozona Tech a renovación da infraestrutura para escritorio remoto
Compartir Este Artigo

