Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra achega formación tecnolóxica a comerciantes e cidadáns de 18 concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra achega formación tecnolóxica a comerciantes e cidadáns de 18 concellos

S. P.
Publicado: 23/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

da_tua_man_deputacion_de_pontevedra.jpgA Deputación de Pontevedra dá continuidade este mes de xuño ás actuacións dos programas Da túa man (destinado a dar apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles curtas de comercialización) e Commerce Inside (dirixido ao fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas). Os vindeiros días impartiranse cursos de formación para comerciantes e para a cidadanía en xeral, moitos deles centrados na transformación tecnolóxica. Amais farase entrega aos concellos das bolsas sustentables e reutilizables fabricadas con materiais de compost ou reciclados.
Nos nove concellos que forman parte do programa provincial Da túa man impartiranse dúas formacións ao longo das vindeiras semanas. Por unha banda, celebrarase o curso Habilidades Dixitais para Consumidores Vulnerables, que ten como obxectivo dotar de competencias TIC á poboación que máis dificultades ten para a súa adopción, como as persoas maiores, para que poidan utilizar con facilidade as ferramentas que se están a implantar no proxecto; e Deseño de Packaging Sustentable, unha acción formativa dirixida tanto a comerciantes como á clientela, que busca ensinar a crear unha embalaxe atractiva, innovadora e responsable. Os cursos comezarán o vindeiro luns en Silleda co do deseño de embalaxe e o mércores 28 de xuño o de habilidades dixitais, ambos na Casa da Xuventude. Tamén en xuño, pero en Salceda de Caselas, terá lugar a formación de deseño de embalaxes, o 29 de xuño no Concello.
Xa no mes de xullo, Poio acollerá a formación de habilidades dixitais o día 3 e a de packaging o 7, no Centro de Formación da Reiboa; no Rosal serán o 4 e o 5 de xullo no Obradoiro-Escola taller Juan Manuel Castro Martínez; en Ponte Caldelas o 4 de xullo a de embalaxe e o 6 a de habilidades dixitais, no Centro Cultural Público Municipal; en Ribadumia comezarán o día 10 co curso de habilidades dixitais e o 11 será o de deseño de embalaxes, na Biblioteca Municipal; en Tomiño impartiranse na Escola Obradoiro do Regatiño os días 12 e 13 de xullo; en Gondomar, o primeiro será o 17 no Centro de Desenvolvemento Local e o segundo o 21 no Centro Neural. Por último, en Moaña serán no Patronato Municipal de Beiramar os días 18 e 19 de xullo.
Por outra banda, os comerciantes destes nove concellos teñen tamén a posibilidade de participar no curso en liña Dixitaliza o teu negocio, que busca darlles capacidades para a transformación do seu negocio e ensinarlles a empregar ferramentas dixitais para traballar mellor. A formación levarase a cabo entre o 26 de xuño e o 26 de xullo e ten unha duración de 25 horas. A participación en todos os cursos é gratuíta e as inscricións poden realizarse en liña a través da web do programa Da túa man ou en persoa dirixíndose aos concellos participantes.
No caso do programa Commerce Inside os cursos de formación están dirixidos a comerciantes e desenvolveranse de maneira online ao longo de setembro, xa que, ao tratarse de concellos turísticos, evítase, desta maneira, interferir coa actividade da temporada alta. Así, estes e estas profesionais dos concellos de Baiona, Bueu, Tui, Soutomaior, Caldas de Reis, Nigrán, Sanxenxo, Cambados e O Grove poderán participar en cursos de capacitación en inglés, francés e portugués.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?