Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores das universidades de Vigo e País Vasco contribúen ao impulso responsable da tecnoloxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores das universidades de Vigo e País Vasco contribúen ao impulso responsable da tecnoloxía

S. P.
Publicado: 23/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

vigo_poterga1.jpgAbordar dun xeito inclusivo, partiticipativo, aberto e responsable o desenvolvemento da tecnoloxía máis avanzada. Este é un dos obxectivos do proxecto de investigación TERGA, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e a Agencia Estatal de Investigación (AEI) e coordinado pola Universidade do País Vasco (UPV/EHU). Neste proxecto, no que participa o coordinador do Post-Growth Innovation Lab da UVigo, Mario Pansera, insírese o seminario Imagining Alternative Futures, que se celebrou este xoves e venres na sede da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
O encontro reuniu a investigadores e investigadoras destas dúas universidades, co propósito de xerar un debate sobre “modelos de anticipación e creación de imaxinarios” que permitan, entre outros aspectos, “anticipar as consecuencias negativas da introdución de novas tecnoloxías e involucrar a cidadanía” nestes procesos, sinala Pansera.
“Na implantación da Intelixencia Artificial, ninguén preguntou á xente sobre cales poderían ser as súas implicacións negativas”, engade o responsable do Post-Growth Innovation Lab como exemplo desa idea de anticipación que centra o proxecto Tecnologías emergentes responsables: la construcción de futuros socio-técnicos mediante gobernanza anticipatoria abierta, TERGA (PID2020-114279RB-I00).
TERGA ten como investigadores principais os integrantes do grupo Praxis da UPV/EHU Andoni Ibarra e Hannot Rodríguez “A anticipación implica utilizar o futuro para tomar decisións no presente”, salienta Rodríguez dun concepto que, lembra, “non supón predicir”, senón traballar na “representación de posibles escenarios futuros, de maneira que habiliten prácticas no presente”. Nese senso, engade o investigador da UPV/EHU, trátase dun paradigma que supón “anticiparte a hipotéticos problemas, que poden ser de índole ambiental, social ou ético”, pero que vai máis aló de abordar “posibles riscos e como evitalos”, xa que constituír “un elemento que guía ás prácticas do presente”. De aí que o proxecto poña o foco na idea da “gobernanza aberta”, posto que “a anticipación pode utilizarse tanto para abrir como para pechar escenarios”, xa que eses “futuros plausibles” poden determinarse con prácticas máis ou menos inclusivas e participativas. “Estás apelando ao futuro para determinar cuestións do presente”, lembra Rodríguez, que incide na necesidade de ver a anticipación “como unha ferramenta posta ao servizo do desenvolvemento de prácticas científicas e tecnolóxicas máis abertas a outras voces e perspectivas” e polo tanto, “máis tendentes a posibilitar un conxunto de escenarios máis amplo”.
No desenvolvemento deste proxecto, que se estende ata 2024, enmárcanse unha serie de seminarios dirixidos a debater os resultados acadados, como o que botou a andar esta semana na Casa das Campás, que buscaba tamén pór en común as liñas de análise sobre anticipación co traballo desenvolvido polo Post-Growth Innovation Lab nos ámbitos do poscrecemento, a decrecemento e a innovación responsable.
De tres anos de duración, entre os obxectivos do proxecto TERGA figura tamén, xunto ao desenvolvemento dese concepto de anticipación, unha análise das prácticas de investigación e innovación responsable (RRI) no ámbito das tecnoloxías emerxentes. A idea, engade Pansera, “é empezar a falar dos problemas que poidan xurdir antes de introducir as novas tecnoloxías, implicando a distintos actores”, en lugar de que, unha vez implantadas, “caracterizar o risco” e deseñar leis para limitalo.
Nese senso, o proxecto busca non só desenvolver esa idea de gobernanza anticipatoria dun xeito teórico, senón tamén tratar “de implantala nunha experiencia”, como explica Rodríguez. Con ese propósito, conta coa participación da empresa Applied Nanoparticles, unha nova firma xurdida do Institut Català de Nanociencia i Nanotecnología (ICN2), na que se tentará “operativizar ese concepto, nun proxecto de nanomedicina, incluíndo diferentes actores sociais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?