Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As bandas sonoras nos videoxogos centrarán unha xornada do CCG este luns pola tarde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As bandas sonoras nos videoxogos centrarán unha xornada do CCG este luns pola tarde

S. P.
Publicado: 26/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornada_videoxogos_e_musica_ccg.jpgMúsica e videoxogos dende Galicia é o título da xornada que se celebra este luns 26 de xuño, ás 16:30 horas, na sede institucional do Consello da Cultura Galega (CCG). Nela, diversos expertos analizarán as composicións musicais que acompañan os videoxogos e como estas condicionan a experiencia das persoas durante o xogo. Ademais, profundarase nas bandas sonoras que se compoñen en Galicia coa finalidade de identificar os seus referentes, a existencia de influencias foráneas ou o emprego da lingua galega.
A actividade está organizada polo Arquivo Sonoro de Galicia do CCG e coordinada por Alejo Amoedo e Cristina Pujales. A sesión é presencial, pero poderase seguir en directo a través do web e as redes sociais corporativas.
Segundo explica o CCG poñéndonos en materia sobre o miolo da xornada, “nos últimos anos o sector dos videoxogos experimentou un notable crecemento, o que o converteu nun dos vectores actuais da industria cultural, situado por riba doutros como o audiovisual”. Para o Consello, este tipo de xogos erixíronse xa non só “como un medio de comunicación, de expresión e de creación, senón tamén como unha importante ferramenta educativa”.
Nesta xornada analizarase cal é a función que cumpren as composicións musicais nos videoxogos. En especial, prestarase atención a aquelas compostas e empregadas dende Galicia e identificaranse nelas as influencias foráneas, os referentes galegos tradicionais e actuais ou o nivel de uso da lingua galega. Tamén se recoñecerán os principais intérpretes e compositores e compositoras galegos, ao tempo que se valorarán as oportunidades que existen para a creación musical propia nesta área en expansión.
O programa
Abrirá a cita Erea Carbajales, profesora do Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV), que ofrecerá un percorrido pola historia da música nos videoxogos. A continuación, Galo Martínez, co-fundador da Fundación Museo do Videoxogo de Galicia e impulsor do proxecto Música e Videoxogos, pronunciará o relatorio Música e videoxogos. A arte en Galicia. Presentarán aos conferenciantes o profesor de Musicoloxía Julio Alonso e a musicóloga Beatriz Cancela, respectivamente.
Após as intervencións, Erea Carbajales moderará a mesa redonda Música e videoxogos en Galicia: novas perspectivas. Xunto con Galo Martínez, participará nela a compositora de música para videoxogos Inés Mirás.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?