Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza na FIC e na ESEI o campamento tecnolóxico Aldaba-TIC Camp
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza na FIC e na ESEI o campamento tecnolóxico Aldaba-TIC Camp

S. P.
Publicado: 26/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_e_udc_aldaba52.jpgEste luns 26 de xuño arrancou (de xeito simultáneo) na Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense (ESEI) e na Facultade de Informática do Campus da Coruña (FIC) o campamento de verán Aldaba-TIC Camp, destinado a fomentar as vocacións STEM e contribuír á igualdade de xénero neste eido. En cada una das cidades participa nesta iniciativa 36 nenas e nenos de 6 a 12 anos, o 80% mulleres.
A actividade, financiada para os dous campus polo Consello Social da Universidade da Coruña, forma parte da programación da Cátedra Aldaba WIB: Women, ICT & Business, posta en macha en 2019 polas universidades de Vigo e A Coruña e a empresa Aldaba co obxectivo de potenciar e enriquecer o progreso das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) promocionando unha crecente participación das mulleres no seu desenvolvemento e establecendo canles bidireccionais de colaboración entre a academia e a empresa.
“O campamento Aldaba-TIC Camp responde a un dos obxectivos principais da Cátedra Aldaba que é lograr unha maior integración das mulleres na informática, un rifo moi deficitario neste senso, por iso nel teñen preferencia as nenas, que ocupan un 80% das prazas. Non queriamos facer un campamento só de rapazas pero si que queriamos contribuír a que as nenas, que a medida que teñen máis idade se afastan da tecnoloxía, a vexan como algo positivo, que a coñezan e que polo tanto máis adiante se poidan propor estudar esta carreira”, comenta Alma María Gómez, profesora da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense e codirectora desta cátedra xunto a Virginia Mato (UDC). A codirectora salientou “a excelente acollida” que tivo esta iniciativa nesta primeira edición, apuntando como as prazas dispoñibles esgotáronse ás horas de abrirse o prazo de matrícula, o que fixo que a organización ampliase das 30 prazas inicialmente previstas ás 36.
aldaba5.jpg O Aldaba-TIC Camp desenvolverase ata o venres 30 en horario de 9 a 14 horas no edificio Politécnico do Campus de Ourense. Está impartido por monitoras y monitores de PlayCodeAcademy e ao longo do seu desenvolvemento contará coa participación das investigadoras Patricia Concheiro e Carmen Miranda (UDC) e Lorena Otero e María Encarnación González (UVigo). Os obradoiros do campamento, que xoga coa idea de preparar unha misión para viaxar a Marte, estarán adaptados por idades pero entre as actividades que se propoñen están adestrar drons de recoñecemento, programar aplicacións de interacción e robots e fabricar un foguete e ferramentas 3D. Para conseguilo, as e os rapaces utilizarán ferramentas como Lego, Arduino, Scratch, impresoras 3D ou kits de robótica.
O obxectivo último desta actividade é espertar e “desenvolver nas e nos participantes o interese pola tecnoloxía e que a consideren algo atractivo e próxima, ademais de comprobar a súa utilidade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?