Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia contará cun Centro de Artes Dixitais e unha sección propia na plataforma Filmin
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia contará cun Centro de Artes Dixitais e unha sección propia na plataforma Filmin

S. P.
Publicado: 27/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

roman_rodriguez_fzokw7nx0aiimq1.jpgA Consellería de Cultura e Educación programará durante este verán máis de 2.500 actividades que mobilizarán preto de 4 millóns de euros. Así o avanzou o conselleiro Román Rodríguez, poñendo o foco na nova marca CulturON, que dará acubillo (en colaboración con distintas empresas e administracións locais) a máis de 300 festivais de música, teatro e audiovisual, máis de 60 exposicións e ao redor de 70 iniciativas de teatro e danza. Sumaranse 300 concertos, así como máis de 800 actividades de dinamización da lectura, de extensión das bibliotecas móbiles e das feiras do libro, preto de 300 actuacións no programa Cultura no Camiño e outros centos de actividades varias. Tamén haberá importantes novidades tecnolóxicas que detallou o conselleiro noutros capítulos da súa presentación. Por exemplo a posta en marcha do Centro de Artes Dixitais ou a sección propia de contidos en galego na plataforma Filmin.

Contidos
  • Centro de Artes Dixitais de Galicia
  • Proxecto Nós e Filmin

Centro de Artes Dixitais de Galicia

centro_de_artes_dixitais_fzolxerxsaee96k.jpg No eido dos museos, dixo que este mesmo mes botarán a andar algúns grandes proxectos nos museos galegos como a exposición conmemorativa do Seminario de Estudos Galegos que se poderá ver na Cidade da Cultura de Galicia logo de rematar na Coruña Picasso branco no recordo azul, evento cultural do ano polo que pasaron 50.000 persoas en tres meses.
Dentro da atención ao rural, con programas como Territorio Cultura, o conselleiro adiantou que está previsto crear a Rede de dinamización cultural no rural. E dentro da estratexia para ampliar públicos e garantir o acceso á cultura a todas as persoas, estase cos trámites finais da Lei de cultura accesible e inclusiva para a súa próxima remisión ao Parlamento, engadiu.
O Plan de arquivos da Xunta de Galicia 2022/26, para mellorar a xestión destes centros e potenciar a difusión do patrimonio vinculado a eles, así como o II Plan Estratéxico 21/27 da Cidade da Cultura, foron outros dos asuntos abordados. “Queremos aproveitar as oportunidades da tecnoloxía como motor cultural e económico, e seguir poñendo en valor e divulgando o patrimonio galego”, engadiu sobre o futuro Centro de Artes Dixitais de Galicia, “o primeiro deste tipo na nosa Comunidade e tamén pioneiro a nivel nacional”. Como explicou, “alí vanse desenvolver actividades innovadoras de apoio á creación dixital e está previsto que nas próximas semanas se licite o contrato para a redacción do proxecto para que os primeiros traballos estean en marcha a finais de ano”. Será unha das pancas de impulso da futura Lei de cultura dixital na que a Consellería traballa, apuntou.

Proxecto Nós e Filmin

filmin-2.jpg No que atinxe ao ámbito da Política Lingüística, Román Rodríguez referiuse “á importancia de ter en marcha xa tres das primeiras ferramentas do Proxecto Nós para asegurar que o galego forme parte dos novos usos tecnolóxicos”. A previsión, dixo, “é que despois do verán dea comezo unha campaña de doazón de voz a través de todo o territorio galego e tendo en conta as variedades dialectais”. Mencionou, ademais, iniciativas postas en marcha con grandes compañías do mundo audiovisual para favorecer a presenza do galego. Así, despois de que hai unhas semanas Spotify activase a opción en galego, avanzou que se vén de asinar un acordo coa plataforma Filmin para crear un espazo dedicado a contido galego ou subtitulado en galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?