Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra e a UVigo revalidan a súa alianza na Cátedra de Feminismos 4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra e a UVigo revalidan a súa alianza na Cátedra de Feminismos 4.0

S. P.
Publicado: 29/06/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

adepo3.jpgA Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo veñen de revalidar a súa alianza na Cátedra de Feminismos 4.0, que celebra o seu primeiro lustro de actividade facendo visibles as mulleres STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), loitando contra a desigualdade dixital e poñendo o foco no machismo e nas agresións nas redes. A institución provincial achega 65.000 euros a esta iniciatsiva. Entre as actuacións previstas figura como novidade o I Maratón de Creacións Dixitais Feministas, que prevé facilitar un espazo para elaborar produtos artísticos feministas dixitais con licenza Creative Commons.
Trátase dun novo recurso para dar resposta ás agresións contra as mulleres e aos machismos no espazo dixital mediante linguaxes artísticas.
Amais, o acordo supón a convocatoria da quinta edición das axudas para o financiamento de iniciativas de investigación e innovación con perspectiva de xénero, así como a cuarta edición dos Premios GirlGeekPower, que estimulan, apoian e promoven os estudos STEM entre as alumnas da Universidade de Vigo de titulacións impartidas nos campus situados na provincia de Pontevedra.
Tamén está prevista a realización do V Seminario Sociedade Dixital e Xénero: Hackeando o Patriarcado, no que participan investigadoras expertas, nacionais e internacionais, no ámbito das STEM e do feminismo. Neste eido enmárcase tamén a IV Reunión do Comité de Sabias, que actuará como o comité científico da quinta edición do seminario e da nova revista científica e tamén desenvolverá propostas con perspectiva de xénero e outras actividades para promover espazos de reflexión que converxan nun produto científico que se difundirá posteriormente.
Outra das iniciativas é o Observatorio virtual de machismo dixital StopA Deputación de Pontevedra e a UVigo revalidan a súa alianza na Cátedra de Feminismos 4.0
A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo veñen de revalidar a súa alianza na Cátedra de Feminismos 4.0, que celebra o seu primeiro lustro de actividade facendo visibles as mulleres STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), loitando contra a desigualdade dixital e poñendo o foco no machismo e nas agresións nas redes. A institución provincial achega 65.000 euros a esta iniciatsiva. Entre as actuacións previstas figura como novidade o I Maratón de Creacións Dixitais Feministas, que prevé facilitar un espazo para elaborar produtos artísticos feministas dixitais con licenza Creative Commons.
Trátase dun novo recurso para dar resposta ás agresións contra as mulleres e aos machismos no espazo dixital mediante linguaxes artísticas.
Amais, o acordo supón a convocatoria da quinta edición das axudas para o financiamento de iniciativas de investigación e innovación con perspectiva de xénero, así como a cuarta edición dos Premios GirlGeekPower, que estimulan, apoian e promoven os estudos STEM entre as alumnas da Universidade de Vigo de titulacións impartidas nos campus situados na provincia de Pontevedra.
Tamén está prevista a realización do V Seminario Sociedade Dixital e Xénero: Hackeando o Patriarcado, no que participan investigadoras expertas, nacionais e internacionais, no ámbito das STEM e do feminismo. Neste eido enmárcase tamén a IV Reunión do Comité de Sabias, que actuará como o comité científico da quinta edición do seminario e da nova revista científica e tamén desenvolverá propostas con perspectiva de xénero e outras actividades para promover espazos de reflexión que converxan nun produto científico que se difundirá posteriormente.
Outra das iniciativas é o Observatorio virtual de machismo dixital Stop Machitroles, onde as persoas poderán denunciar agresións, acosos, vexacións e calquera outro comportamento de carácter misóxino, machista ou sexista.
Ao finalizar o ano, realizarase o terceiro informe, no que se dará conta das incidencias recollidas neste observatorio. A maiores, contémplase a reestruturación e mantemento da web da Cátedra de Feminismos 4.0, aloxada nos dominios da Uvigo e da Deputación, con contidos sobre actividades da cátedra, publicacións de interese ou información relacionada, e xestión das redes sociais e comunicación, así como outras actividades fundamentalmente divulgativas da produción científica.
Machitroles, onde as persoas poderán denunciar agresións, acosos, vexacións e calquera outro comportamento de carácter misóxino, machista ou sexista.
Ao finalizar o ano, realizarase o terceiro informe, no que se dará conta das incidencias recollidas neste observatorio. A maiores, contémplase a reestruturación e mantemento da web da Cátedra de Feminismos 4.0, aloxada nos dominios da Uvigo e da Deputación, con contidos sobre actividades da cátedra, publicacións de interese ou información relacionada, e xestión das redes sociais e comunicación, así como outras actividades fundamentalmente divulgativas da produción científica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?