Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Federación Galega de Dano Cerebral premia o CITIC da UDC por favorecer a inclusión social a través das tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Federación Galega de Dano Cerebral premia o CITIC da UDC por favorecer a inclusión social a través das tecnoloxías

S. P.
Publicado: 29/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citic_dano_cerebral_foto_grupo.jpgO CITIC da Universidade da Coruña recibiu este xoves o 11º premio Miguel Blanco da Federación Galega de Dano Cerebral polo seu compromiso cos dereitos e a inclusión social así como o exercicio dunha vida plena e autónoma por parte do colectivo con dano cerebral adquirido. No acto de entrega do recoñecemento, que tivo lugar na Cidade da Cultura no marco a II Xuntanza do Movemento Asociativo do Dano Cerebral, estiveron por parte do CITIC, o seu director, Manuel F. González Penedo, e os investigadores Thais Pousada García e Manuel Lagos Rodríguez.
“É unha gran honra recibir este recoñecemento polo noso compromiso cos dereitos e a inclusión social. Este premio impúlsanos a seguir traballando no noso labor de investigación e desenvolvemento de tecnoloxías que melloren a calidade de vida das persoas con dano cerebral. O noso obxectivo é continuar xerando solucións innovadoras que lles permitan alcanzar unha maior independencia e participación activa na sociedade. Quero agradecer á Federación e ás asociacións que a integran a súa colaboración e aos investigadores do CITIC a súa dedicación e compromiso para acadar unha sociedade más xusta, igualitaria e accesible”, sinalou o Manuel F. González Penedo, ao recoller o premio.
citic_dano_cerebral_foto_directora.jpg Neste senso, o director destacou o traballo do CITIC “no fomento da inclusión no ámbito tecnolóxico e a mellora da calidade de vida de todas as persoas, a través de múltiples iniciativas como o programa Talentos Inclusivos, un proxecto desenvolvido polo CITIC da UDC, en colaboración con ASPACE, que ten como obxectivo espertar vocacións STEM entre a mocidade e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver desafíos tecnolóxicos propostos por persoas con parálise cerebral”.
citic_dando_cerebral_foto_entrega_premio.jpg Espazos personalizados de Realidad Virtual
Así mesmo, persoas usuarias de ADACECO participan no proxecto do CITIC Espazos Personalizados de Realidade Virtual para a Neurorrehabilitación, que achega a posibilidade de traballar actividades cotiás sen ter que cambiar de localización, contribuíndo isto á rehabilitación das persoas con dano cerebral adquirido como paso previo a realizalas nas súas contornas reais. Trátase dunha iniciativa na que a Realidade Virtual permite interactuar con diferentes elementos de maneira semellante ao que sucedería no mundo real, tal e como recorda a investigadora Thais Pousada, que dirixe este proxecto, que se atopa en fase de desenvolvemento, cuxos escenarios foron realizados polo informático e doctorando Manuel Lagos e probados por persoas usuarias de ADACECO.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?