Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As oportunidades que abre a Intelixencia Artificial centraron unha xornada do CPEIG co empresariado ourensán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As oportunidades que abre a Intelixencia Artificial centraron unha xornada do CPEIG co empresariado ourensán

S. P.
Publicado: 30/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xornada_ia_na_ceo.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizou este venres 30 de xuño unha xornada gratuíta sobre Intelixencia Artificial: Oportunidades, regulación e medos, en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e Pintos&Salgado Abogados. A sesión celebrouse na sede da confederación empresarial ourensá, en modalidade presencial e online. Esta charla forma parte dun ciclo de conferencias que comezou hoxe en Ourense para achegar a Intelixencia Artificial (IA) ao sector empresarial e ao público en xeral interesado nesta disciplina das ciencias da computación.
A presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, presentou a sesión na que interviñeron o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o avogado Víctor Salgado, socio director da firma referente en Galicia de dereito TIC, Pintos & Salgado Abogados, que achegaron aos asistentes a IA como unha nova expectativa na empresa, abordando a cuestión desde diferentes perspectivas.
presentacion_da_xornada_suarez_novoa_e_salgado.jpgMarisol Nóvoa salientou na súa intervención que “hai que abordar as oportunidades desta tecnoloxía tan de actualidade, pero tamén ter en conta un regulamento que hai que desenvolver para realizar un correcto uso dela, así como coñecer os riscos que entraña” e lembrou a capacidade e dispoñibilidade da CEO para, neste sentido, axudar ás empresas a tramitar axudas de dixitalización a través da iniciativa Conecta Ourense.
Pola súa banda, Fernando Suárez aclarou conceptos relacionados coa IA, ademais de comentar a súa evolución. “É unha tecnoloxía nova para o público en xeral, pero que xa leva máis de 70 anos entre nós”, sinalou. Tamén falou dos medos que xera, “máis esaxerados pola intanxibilidade dos usos desta tecnoloxía”, sobre todo en canto á desaparición de postos de emprego, e as necesidades lexislativas. Desde o punto de vista empresarial, Fernando Suárez explicou as oportunidades que a IA pode ofrecer, e destacou o labor das empresas que máis están investindo en innovación e, que polo tanto, “son actualmente as de maior éxito a nivel internacional”.
Pola súa parte, Víctor Salgado apuntou que “probablemente a IA supón o maior avance tecnolóxico nos últimos 20 anos”, indicando que considera que non é esaxerado comparar a IA coa chegada pública de Internet nos anos 90 do pasado século. “Como toda ferramenta inventada na historia da humanidade, a IA non é mala nin boa en si mesma, senón que representa novas oportunidades e desafíos que debemos coñecer e aproveitar, minimizando os seus riscos e maximizando o seu enorme potencial”, dixo. Desde a perspectiva legal, Salgado explicou que se verteron moitos mitos con relación á IA, como que, por exemplo, non está regulada, aspecto que é rotundamente falso como se aclarou na charla. “Dalgún modo, recórdame aos primeiros anos de Internet nos que se afirmaba da Rede que era o far west e o dereito non se aplicaba a ela”, engadiu. Sen dúbida, Salgado indicou que a lei tivo que adaptarse nalgúns aspectos, “pero en moitos outros aplicouse desde o mesmo momento en que xurdiu Internet”. E destacou que “algo moi similar acontece na actualidade coa IA que se popularizou abruptamente, polo que se require novamente a adaptación da lei, aínda que hoxe xa se conta cun gran acerbo regulamentario que dota de seguridade xurídica aos dereitos como cidadáns e a actividade empresarial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?