Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Patricia Argerey (GAIN) cualifica de modélico o proxecto de transformación de CONGALSA e Gradiant
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Patricia Argerey (GAIN) cualifica de modélico o proxecto de transformación de CONGALSA e Gradiant

S. P.
Publicado: 30/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

congalsa__directora_gain-7.jpgA sede na Pobra do Caramiñal da firma alimentaria CONGALSA, un dos grandes referentes da transformación empresarial galega, recibiu este venres 30 de xuño a visita da directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, para coñecer os resultados do proxecto innovador CONGALS4.0. En palabras de Argerey, trátase “dunha iniciativa modélica en transformación industrial”.
O proxecto, apoiado polo programa Fábrica Intelixente e Sostible da Xunta de Galicia con financiamento FEDER e desenvolvido en colaboración co Centro Tecnolóxico Gradiant, permitiu a implementación de tecnoloxías dixitais no proceso de fabricación para avanzar cara a un modelo de fábrica máis flexible, automatizada, social, colaborativa, conectada e intelixente.
Ademais, contou cun orzamento de preto de 5 millóns de euros e unha axuda pública de 2 millóns.
congalsa__directora_gain-8.jpg Argerey destacou o seu impacto tanto “na mellora dos procesos produtivos, na eficiencia na entrega a clientes, a redución de custos e a capacidade de adaptación máis rápida ao mercado”. Subliñou tamén “o efecto tractor deste proxecto sobre o ámbito alimentario galego a través do seu impacto sobre a cadea de valor e a difusión dos resultados ao resto do sector”. Ademais, sinalou “a importancia da colaboración entre os centros tecnolóxicos e as empresas para transformar o coñecemento que se xera nestes en valor económico e social”.
congalsa__directora_gain-9.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación lembrou durante a visita a próxima activación da quinta edición do programa Fábrica Intelixente e Sostible, que ten como obxectivo “apoiar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego centrados no desenvolvemento de tecnoloxías dixitais e verdes”, e cuxa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) está prevista para o vindeiro xoves, 6 de xullo. Argerey engadiu que nesa mesma data celebrarase unha xornada de presentación da convocatoria na sede da Axencia Galega de Innovación en Santiago de Compostela. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 2 de outubro. A convocatoria, dotada con 24 millóns de euros e co-financiamento da Unión Europea no marco do programa FEDERGalicia 2021-2027, está dirixida tanto a pemes como grandes empresas e organismos de investigación en colaboración cunha ou varias compañías co obxectivo de seguir avanzando cara un novo modelo industrial baseado no coñecemento e na competitividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?