Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME comeza xullo con obradoiros de ciberseguridade, fabricación dixital e mercadotecnia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME comeza xullo con obradoiros de ciberseguridade, fabricación dixital e mercadotecnia

S. P.
Publicado: 03/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme-21aa2a-05113-2-3.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana catro novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático. Centraranse na copia de seguridade como medio de ciberseguridade, en fabricación dixital a través de debuxo con Onshape VII, no Sendinblue como ferramenta de mercadotecnia por correo electrónico e na captación de clientes para o sector turístico.
A programación arrancará o luns, 3 de xullo, co obradoiro Ciberseguridade, copias de seguridade no que se dará a coñecer a importancia de ter os datos apoiados nunha copia de seguridade, pola posibilidade de sermos vítimas dun ransomware ou calquera outro incidente como roubos, inundacións ou subidas de tensión. O taller comezará ás 10:00 e será impartido por Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D.
O martes 4 de xuño ás 11:00 impartirase o obradoiro Fabricación dixital. Debuxo con Onshape VII – Proxecto final I que forma parte dun obradoiro mixto no que haberá formación en liña e prácticas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. Este curso, impartido tamén por Manuel Freire, consta dunha formación teórica de 30 horas e doutra práctica de 20 horas co obxectivo de dotar ás persoas asistentes da capacidade de deseño e fabricación dunha peza en 3D.
O mércores 5, ás 11.00 h, celebrarase nha acción formativa telemática centrada nas Ferramentas de email márketing: Sendinblue. Nela, darase a coñecer o Sendinblue como ferramenta para converter o proceso da mercadotecnia no correo electrónico nunha tarefa áxil, eficiente e rápida. Tamén crearanse campañas de email, editaranse modelos e configurarase este instrumento para mellorar a produtividade. Este taller será impartido por Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas.
O xoves 6 ás 11.00 horas, a postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela, Patricia Cabaleiro, exporá de xeito telemático as Ferramentas para fidelizar aos clientes do meu aloxamento, onde se ensinará ás persoas asistentes cales son as estratexias para captar clientes e mantelos no tempo (fidelizar) sen facer grandes gastos e ideas para captar reservas directas sen pagar comisións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?