Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa podemos consultar online as máis de 2.500 actividades programadas por Cultura este verán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xa podemos consultar online as máis de 2.500 actividades programadas por Cultura este verán

S. P.
Publicado: 03/07/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

axenda_cultura_galicia.jpgA programación cultural impulsada pola Xunta en colaboración con distintas empresas e administracións locais (baixo o lema A cultura de Galicia é un CulturON )porá o foco este verán no “talento, profesionalidade e excelencia do sector” con máis de 2.500 propostas “diversificadas e repartidas por todo territorio”, en palabras do conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, quen participou nun acto acompañado polo seu equipo no que se presentou a oferta cultural para os vindeiros meses.
Esta axenda, dixo, “reflicte o gran momento de crecemento e de pluralidade creativa que vive a cultura galega” e “que deixará pegada nos territorios nos que se ofrecerá xa que se prevé que mobilice 4M€.”
O acto foi presentado pola actriz Cristina Maró e contou coas intervencións de Xoán Quintáns, director do Festival Revenidas, e de Soledad Felloza, directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica. Ademais, a compañía Desastronauts realizou en vivo un número aéreo para a ocasión. Nel amosouse tamén a campaña CulturON que se porá en marcha esta semana en medios de comunicación e redes sociais para informar a cidadanía desta oferta, con recomendacións diarias e resumos semanais. Ademais, todas as actividades poderán consultarse na Axenda de Cultura de Galicia.
Como explicou Román Rodríguez, o Goberno autonómico favorecerá a posta en marcha, entre xullo e setembro, de máis de 2.500 actividades que abranguen todos os ámbitos da cultura con propostas dirixidas a todos os públicos, tanto en zonas urbanas como no rural.
Museos
Rodríguez fixo mención á programación de 60 exposicións e máis de 200 actividades asociadas nos distintos museos e arquivos de xestión autonómica, con visitas guiadas e divulgativas e obradoiros familiares e infantís. Entre elas destacou Luz na Terra. Seminario de estudos galegos: unha institución de alta cultura, unha das grandes mostras do ano. Comisariada por Ramón Villares, inaugurarase este 4 de xullo (martes) no Museo Centro Gaiás como acto central da celebración do centenario da fundación.
A ela súmanse, entre outras, as conmemoracións do 30 aniversario do CGAC en Santiago ou a próxima inauguración de A Coruña no tempo, dentro do gran proxecto expositivo Cidades no tempo que percorre as sete principais cidades para reivindicar a Galicia urbana na identidade e cultura galegas. Ambas arrancarán tamén en xullo.
Artes escénicas e musicais
A programación cultural deste ano pon o foco de xeito especial no rural dentro da estratexia para ampliar públicos e “garantir o acceso á cultura a todas as persoas”, explicou o conselleiro, salientando propostas como o programa de dinamización do rural galego Territorio Cultura, para a que están previstos preto de medio cento de espectáculos, ou as 300 actuacións do circuíto Cultura no Camiño con propostas de artes escénicas e musicais en 88 municipios.
Tamén destacou as arredor de 70 iniciativas de teatro e danza, como o circuíto de teatro afeccionado de FEGATEa con 80 representacións e un público estimado de 5.000 espectadores, ou a MIT de Ribadavia que, na súa 39ª edición ofrecerá en xullo 20 espectáculos procedentes de España, Italia, Arxentina e Portugal. Ademais, o programa de música e baile tradicionais Danza 3 achegarase en verán a máis dunha decena de concellos cos espectáculos de Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos.
No eido musical, Román Rodríguez referiuse aos máis de 300 festivais de música, teatro e audiovisual, como os asociados a FEST Galicia. Tamén destacan propostas para a música de cámara como o Festival Bal y Gay con 13 concertos na Mariña lucense en agosto, o Festival Groba de Ponteareas ou o de Música Relixiosa Barcia de Mera.
Audiovisual e familiar
En canto ao audiovisual o conselleiro enxalzou o programa Redecinema que emprega o cinema como “ferramenta de dinamización lingüística con 18 proxeccións cinematográficas ao aire libre durante este verán noutros tantos concellos”. Tamén se apoiará, entre outras, ao redor dunha decena de ciclos e semanas de cine nalgún dos 13 cineclubs galegos en colaboración coa Federación de Cineclubs de Galicia.
Pola súa banda, o programa Falaredes (Política Lingüística) terá 55 pases con actividades como espectáculos, monicreques e mesmo unha exposición que percorrerá distintos concellos da Rede de Dinamización Lingüística. Entre as accións, inclúense propostas como Os Bolechas deportistas viaxan no tempo, que visitará 15 concellos co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega no deporte e os hábitos de vida saudables entre a rapazada.
Bibliotecas
As bibliotecas públicas da rede que coordina a Xunta de Galicia contarán con máis de 800 de actividades de dinamización da lectura ao abeiro do programa Ler conta moito con contacontos, monicreques, actividades musicais ou audiovisuais. A furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles en 20 concellos das provincias de Lugo e Ourense, propón actividades como obradoiros de alfabetización dixital, escape rooms literarias, contacontos ou actividades vinculadas á escritura creativa e ilustración.
Ademais, no eido das letras, o circuíto de Feiras do Libro impulsado da man da Federación de Librarías de Galicia fará parada en xullo en Ponteareas e Rianxo e en agosto na Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos. E no referido ao patrimonio, celebraranse distintas visitas divulgativas ás últimas intervencións realizadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?