Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Especialistas europeos analizan na UVigo o impacto da IA na propiedade intelectual e no eido laboral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Especialistas europeos analizan na UVigo o impacto da IA na propiedade intelectual e no eido laboral

S. P.
Publicado: 04/07/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

uvigo_congreso_ia.jpgO avance de Intelixencia Artificial está a xerar un crecente debate público sobre a necesidade de regular, controlar e mesmo frear o seu desenvolvemento. Entre os eidos nos que se prevén efectos substanciais están a contorna laboral e tamén a propiedade industrial e intelectual. Para debater e analizar as posibles consecuencias deste crecemento, Vigo acolle esta semana, os días 6 e 7 de xullo (venres e sábado) o Congreso Internacional O impacto da Intelixencia Artificial no Dereito do Traballo e da Propiedade Intelectual e Industrial, organizado polo grupo de investigación DMT da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
O simposio celebrarase na tarde do día 6 no edificio de sesións da Autoridade Portuaria de Vigo centrándose as intervencións no eido da propiedade intelectual e industrial e na mañá do 7 no edificio Redeiras, sede institucional da Universidade de Vigo na cidade, para abordar o impacto no eido das relacións laborais.
A profesora Rosa Rodríguez Martín-Retortillo, do Departamento de Dereito do Traballo e da Seguridade Social e directora do simposio xunto co docente Pablo Fernández Carballo-Calero, explica que “o evento encádrase no marco do proxecto Retos para un mercado de traballo equitativo, sustentable e aberto á competencia no contexto da nova economía e da dixitalización, que desenvolve o grupo DMT, formado por persoal investigador da Área de Dereito do Traballo e a Área de Dereito Mercantil”. Este grupo, recoñecido como Grupo de Potencial Crecemento pola Xunta de Galicia, “ten por obxecto o análise do marco xurídico das actividades económicas nas que as relacións e interaccións entre a normativa laboral e mercantil é máis intensa e, en ocasións, conflitiva”. Como explica Rodríguez Martín-Retortillo, entre as múltiples liñas de traballo que están a desenvolver está o impacto da dixitalización nas relacións de traballo, e ao abeiro dela xurde a idea de organizar este congreso.
O congreso, presencial e de balde, está concibido para o alumnado universitario, o persoal investigador e tamén para as e os profesionais do sector e mesmo o público en xeral interesado na temática.
Ao longo das dúas xornadas prestarase especial atención aos problemas de autoría e patentabilidade das obras realizadas por Intelixencia Artificial, así como a necesidade de garantir a protección de datos durante a utilización das mesmas. Respecto do eido laboral, os relatorios versarán sobre a utilización de IA para a xestión de recursos humanos, en particular, abordaranse os riscos do uso de algoritmos, ao poder contar estes con nesgos discriminatorios na súa configuración.
Do mesmo xeito abordaranse as consecuencias da integración da IA no emprego, debatendo tamén en liñas xerais sobre a perda e creación de postos de traballo a raíz da dixitalización.
Todas as intervencións correrán a cargo de destacados xuristas “de recoñecida competencia nas disciplinas Mercantil e Laboral procedentes do ámbito nacional e internacional, polo que a perspectiva de Dereito comparado que adquire o congreso supón, sen dúbida, un valor engadido para todos e todas”.
O congreso arrancará o xoves 6 pola tarde no edificio de sesión da Autoridade Portuaria coa inauguración ás 16.0 horas que dará paso a unha serie de intervencións moderadas por Isabel Espín Alba, profesora de Dereito Civil da Universidade de Santiago de Compostela. Entre os relatorios estará o de Enrico Bonadio (University of London) sobre a patentabilidade das obras xeradas por Intelixencia Artificial e o de Concepción Saiz García, profesora de Dereito Civil da Universidade de Valencia sobre a propiedade intelectual das obras xeradas por tecnoloxías intelixentes. Tras unha pausa intervirá Aurelio López Tarruella-Martínez, profesor de Dereito Internacional Privado da Universidad de Alicante e director da Cátedra Metaverso que falará sobre datos e IA e posteriormente comezará unha sesión de comunicación, coa que se pechará a primeira xornada.
O venres o congreso trasládase ao edificio Redeiras e comezará tamén cunha serie de relatorios moderados por Jaime Cabeza Pereiro, catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo. Intervirá María Luz Rodríguez Rodríguez, catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Castilla La Mancha, que falará sobre robotización e emprego; Aída Ponce del Castillo, investigadora do European Trade Union Institute (ETUI), que abordará a xestión algorítmica do traballo e, tras unha pausa, comezará un segundo panel de relatorios moderado por Belén Fernández Docampo, profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo, no que intervirán dous docentes italianos. Por unha banda, Federico Martelloni, profesor de Dereito do Traballo da Università di Bologna, que analizará a relación entre as decisións automatizadas e a discriminación e, por outra, Valeria Nuzzo, da Università degli studi della Campagna Luigi Vanvitelli, que abordará a incidencia da Intelixencia Artificial na cualificación do contrato (autónomo ou subordinado). A xornada completarase coa presentación de comunicación, unha sesión moderada por Alexandre Pazos Pérez, profesor de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo, que dará paso á clausura do congreso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?