Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CETGA revoluciona a acuicultura con Visión e Intelixencia Artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CETGA revoluciona a acuicultura con Visión e Intelixencia Artificial

S. P.
Publicado: 04/07/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cetga_1.jpgO Centro Tecnolóxico da Agrupación Industrial da Acuicultura (CETGA), fundado en Couso (Ribeira) en 2002 (un ano despois da posta en marcha da agrupación industrial), vén de facer balance dos seus logros recentes en transformación tecnolóxica e sustentable aplicada á acuicultura, ámbito no que é un referente en Galicia e no ámbito estatal. Entre os seus fitos máis relevantes atópase o proxecto Acuicultura 4.0, que busca mellorar o proceso produtivo a través de tecnoloxías de Visión e Intelixencia Artificial. Este proxecto comezou en 2021 e rematará na segunda metade de 2023. Conta cun orzamento total de 260.805,13 euros e está financiado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
O ChatGPT da acuicultura
Entre os obxectivos do CETGA atópase elevar a competitividade das empresas do sector acuícola galego impulsando a investigación, a utilización de novas tecnoloxías e fomentando os avances no coñecemento na acuicultura. Nese camiño enmárcase o proxecto Acuicultura 4.0, cuxo desafío é optimizar na cadea produtiva dos individuos dunha determinada especie que se atopan en instalacións acuícolas, desde seméntaa das larvas ata a súa chegada á cadea de distribución. Con esta mellora, trátase maximizar a produción dos tanques e mellorar a calidade do produto final, respectando en todo momento a calidade de vida dos animais. En Acuicultura 4.0, proxecto no que o CETGA participa xunto á Universidade Politécnica de Madrid, están a aplicarse tecnoloxías de Visión e Intelixencia Artificial nesta procura da mellora do proceso produtivo.
cetga_2.jpg Ademais, neste proxecto, estanse testando novos equipamentos e técnicas coas que avaliar o número de peixes e a biomasa do stock. Deste xeito, poderán comezar co estudo do comportamento dos peixes para o seu modelado, ao que agregarán nas futuro funcións con tecnoloxías intelixentes.
Entre as actividades que se realizaron dentro deste proxecto están a análise da biomasa dos tanques; a supervisión do benestar dos peixes e das óptimas condicións da súa contorna a partir de análise de imaxe hiperespectral; a incorporación de técnicas de IA para extraer coñecemento que facilite a toma de decisións nas diferentes plantas de produción; e a validación de resultados en contornas reais de produción.
CETGA: referencia internacional
Desde a súa fundación no ano 2002, o Centro Tecnolóxico da Agrupación industrial da Acuicultura recibe nas súas instalacións de Ribeira máis de 50 visitas internacionais de forma anual para coñecer os seus desenvolvementos e investigacións. Ademais, o CETGA foi requirido por organismos internacionais como a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), que o contrataron para ter o seu asesoramento e servizos.
Doutra banda, o CETGA lidera e coordina diversos proxectos internacionais. Por exemplo, no programa español e iberoamericano para fomentar a investigación en América Latina con España, Portugal e toda Latinoamérica, CETGA foi o coordinador da área de acuicultura.
Amais, CETGA leva anos sendo parte activa da plataforma europea de tecnoloxía acuícola.
O persoal do centro tecnolóxico está composta actualmente por 26 persoas, das que 8 son doutores e máis da metade son perfís investigadores. Cabe destacar que a maioría dos postos de investigación están ocupados por mulleres, nunha clara aposta do centro polo talento feminino.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?