Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG desenvolve unha IA para predicir a repercusión das producións audiovisuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG desenvolve unha IA para predicir a repercusión das producións audiovisuais

S. P.
Publicado: 04/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Óscar González, director da área TIC en ITG
Óscar González, director da área TIC en ITG
O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) está a desenvolver aplicacións de Intelixencia Artificial (IA) para axudar a predicir o comportamento en pantalla das producións audiovisuais. Isto, sinala o ITG, permitirá ás compañías de creación de contido audiovisual que empregando tecnoloxías de Big Data (análise de información a gran escala) e IA, sexan quen de adiantarse ás necesidades do mercado optimizando os seus procesos de produción.
Óscar González, director da área TIC en ITG, destaca que “a ferramenta desenvolvida por ITG permite tratar unha gran cantidade de datos para determinar patróns e variables que inflúen nos hábitos de consumo audiovisual”.
ITG farao a través da identificación, a análise e o tratamento complexo de múltiples datos multisectoriais co obxectivo de adestrar algoritmos de aprendizaxe automática para obter predicións de éxito. Así, deseñará e creará unha ferramenta dixital que incluirá análise e xestión intelixente de datos (Data Fabric) con información obtida de redes sociais, entre outras fontes, como as reaccións detectadas ante determinados contidos. Desta forma, empresas galegas produtoras de contidos audiovisuais como a Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG) poderán “realizar un diagnóstico máis certeiro sobre as posibilidades de que un produto audiovisual sexa ben acollido pola cidadanía, o que supón unha maior eficiencia do servizo público”, como sinala José Pereira, director da área de Innovación e Negocio en CRTVG.
Este desenvolvemento do ITG permitirá ás empresas produtoras ter unha análise máis eficiente do previsible percorrido de determinados produtos antes mesmo de acometer investimento na súa produción. Por unha banda, a partir de datos históricos de audiencia dunha serie producida, poderase determinar o interese xerado nunha tempada e, pola outra, ao coñecer os factores clave de éxito na xeración de contidos para unha contorna acoutada, como é o caso de Galicia, analizarase e determinará a percepción destes factores noutros territorios.
“É unha solución que achegará valor á toma de decisións, permitindo a automatización dun dos procesos máis complexos na programación televisiva e unha mellora clara nos procesos de traballo establecidos”, reflicte José Pereira. A implementación da ferramenta desenvolvida por ITG supoñerá para a CRTVG “un salto importante cualitativa e cuantitativamente, tanto nos procesos de compra de produtos como na programación co obxectivo de acertar cos gustos do espectador, o que redunda sempre en beneficio tanto do sector audiovisual como do servizo público”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?