Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O talento investigador da mocidade galega voa alto no Campos de Lugo con motivo de XuvenCiencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O talento investigador da mocidade galega voa alto no Campos de Lugo con motivo de XuvenCiencia

S. P.
Publicado: 04/07/2023
10 Min de Lectura
Compartir
10 Min de Lectura

manuel_vicente_campus_lugo_usc_xuvenciencia.jpgEste luns 3 de xullo botou a andar unha nova edición (a undécima) do Campus de Verán XuvenCiencia, cita organizada polo grupo de innovación docente XuvenCiencia USC). Arrincou oficialmente coa celebración dunha xincana na que tomaron parte os 95 estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional chegados de toda Galicia e tamén doutras localizacións de España. O público preuniversitario participante terá a oportunidade de achegarse durante unha semana, desde o Campus Terra de Lugo, ao mundo da investigación a través de 16 proxectos participativos.
Logo de completar desde primeira hora da mañá as distintas probas deseñadas na xincana, o condutor do programa radiofónico Efervesciencia, o doutor en Química Manuel Vicente, compartiu algunhas das súas experiencias co alumnado na sesión inaugural celebrada no auditorio da Facultade de Veterinaria. A delegada do reitor da USC para o Campus Terra, Elvira López Mosquera; a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez; o deputado provincial Pablo Rivera, e un representante da Xunta de Galicia, ademais da CEO do Grupo Aresa, Carlota López, acompañaron tamén á profesora da USC e coordinadora de XuvenCiencia, Mercedes Novo. Na súa intervevención, Vicente lembrou algúns episodios curiosos de varios Premios Nobel, así como doutros investigadores que non acadaron tal distinción, ao tempo que salientou a “capacidade hipnótica da ciencia”.
Manuel Vicente ofreceu xa en quenda de tarde un obradoiro no que deu conta dalgúns trucos e recomendacións para contar a ciencia dun xeito que sexa eficaz e que manteña o interese do público.
030723_apertura_xuvenciencia.jpg Na inauguración, o deputado Pablo Rivera (Deputación de Lugo),recoñeceu ante os rapaces e rapazas que “sempre é un pracer participar na apertura deste programa e acompañarvos nesta nova experiencia”. E engadiu: “A ciencia ten unha gran importancia no noso futuro como sociedade. Xoga un papel protagonista, centrándose en grandes retos como o cambio climático, a robótica ou os avances sociais en canto a medicina”. Ademais, asegurou que a súa curiosidade “vailles permitir aprender e descubrir se é o seu camiño para o futuro”.
Programa
O programa do Campus de Verán XuvenCiencia 2023, que se prolongará ata o 8 de xullo e no que colaboran como monitores 20 estudantes universitarios que previamente completaron un programa específico deseñado pola responsable da Oficina de Voluntariado da USC no Campus de Lugo, Fátima Teixeiro, ademais de medio centenar de docentes e investigadores da sede universitaria luguesa, ofrece á rapazada a posibilidade de ser protagonistas de ata 16 proxectos. A temática destes obradoiros é diversa, a fin de adaptarse ás distintas preferencias do alumnado e abrangue desde práctica veterinaria, sismoloxía, xenética, cociña molecular, robótica ou, entre outros, comunicación científica. O programa inclúe tamén obradoiros artísticos, visitas culturais e a centros tecnolóxicos, feiras e premios.
xuvenciencia_obradoiro.jpg XuvenCiencia é un campamento para adolescentes interesados non só nos ámbitos que tradicionalmente se entenden como “de ciencias”, o biosanitario e o científico-tecnolóxico, senón tamén para mozas e mozos con inquedanzas polas ciencias sociais e humanidades. A escolma de proxectos que compón o Campus XuvenCiencia 2023 está baseada nalgunhas das investigacións máis punteiras que están vixentes no Campus de Lugo da USC, como as de peixe cebra como modelo animal para tratamento do cancro e doenzas raras ou a procura de novas fontes de enerxía mediante fotosíntese artificial. En cada proxecto traballará un grupo de cinco ou seis xuvencientíficos/as, que levarán adiante o seu traballo de campo nos mesmos laboratorios nos que o persoal investigador da USC desenvolve o seu quefacer diario, así como noutros centros de coñecemento como o Hospital Veterinario Rof Codina, o Museo Provincial e o Arquivo Histórico Provincial.
Proxectos dispoñibles
–5W Obradoiro de xornalismo. Coñeceranse os segredos da comunicación científica, crearanse contidos exclusivos para o Magacine XuvenCiencia. Os/as alumnos deste obradoiro serán os correspondentes oficiais do Campus de Verán XuvenCiencia 2023.
–Análises clínicas: que me pasa, doutora? Coñecerase o valor das análises clínicas como ferramentas para valorar o estado de saúde dos animais e o diagnóstico das enfermidades. Como sabemos se un can ten unha anemia? En que se diferencian o sangue dos mamíferos e o das aves?
–Animal CSI: realidade ou ficción? Aproximación a algunhas das técnicas empregadas nos laboratorios para determinar a causa de morte en animais, que ás veces causa grande interese social ou mediático: foi envelenamento? Falta de coidados? Hai risco para a saúde humana ou/e animal?
–AquaLab. Sistema de monitoraxe ambiental con Arduíno. Mediante hardware de fonte aberta Arduino, e tamén sensores ambientais de baixo custe, as e os estudantes rexistrarán parámetros do noso medio ambiente: temperatura, humidade do aire, etc.
–Árbores en tubos de ensaio. Como clonar unha árbore a partir dun fragmento minúsculo?” Semella maxia, pero é ciencia. O cultivo in vitro permite obter copias de árbores xeneticamente idénticas en grandes cantidades nun tempo moi curto e nun espazo reducido.
–Controla e adestra robots! Ensamblaranse pequenos robots e sistemas automatizados e o alumnado aprenderá a programar un microcontrolador para manexar os sensores destes pequenos robots.
–Impresión 3D. Fai real o que imaxinas. O alumnado converterá unha idea nun obxecto real a través de modelado tridimensional mediante software de uso cotián no mundo da enxeñaría. Posteriormente procederase ao seu tratamento para a impresión 3D e obterase o produto imaxinado.
–Veterinarias en apuros. Unha inmersión real no Hospital Veterinario Rof Codina. Atenderemos os nosos doentes, os animais, en consultas, traballaremos nun diagnóstico e seremos testemuñas do labor que fan cirurxiáns e anestesistas nos procedementos de quirófano.
–Cociña molecular: ciencia e gastronomía nunha soa disciplina. Esferificación? Destilación a presión reducida? Nitróxeno líquido? Os mecanismos químicos permiten a creación de pratos extraordinarios chamados non só a satisfacer o sentido do gusto, senón tamén da vista, o olfacto e o tacto.
xuvenciencia_obradoiro_2.jpg–Fotosíntese artificial. Na procura de novas fontes enerxéticas. O obxectivo deste proxecto reside en descompoñer auga tanto por vía fotoquímica como electrolítica. Desde xeito procurarase remedar nun laboratorio un proceso natural como é a fotosíntese.
–Supera este reto! Educando con ciencia. Pensas dedicarte á docencia? Neste proxecto experimentarás con distintos recursos e metodoloxías: dramatizacións, retos motores para a cooperación e a estratexia colaborativa, prácticas para sacar a ciencia dos libros de texto e resolución de problemas.
–Cultura accesible a golpe de clic. Como lles contarías a outras persoas o interesantes que son os teus libros favoritos?” Sableo todo desa serie de televisión e daquel artista e desa cantante, pero de que xeito llo farías entender a outros/as? Este proxecto levarate ao Museo Provincial de Lugo para converterte nunha experta/o en divulgación cultural grazas ás ferramentas narrativas ao noso dispor.
–Facer ciencia coas letras. Os arquivos lévanlle moitos séculos de anticipo ao Big Data como fonte de coñecemento. Como se da sección de libros prohibidos de Hogwarts se tratase, aprenderás a abordar documentación antiga para facer unha investigación histórica e mergullarte nos rexistros criminais dos séculos pasado para reconstruír casos sen resolver.
–Patóxenos animais: na procura dos malos. Bacterias e virus causan moitas doenzas. Neste proxecto aprenderanse algunhas das técnicas para o diagnóstico de enfermidades infecciosas: cultivo de bacterias, observación baixo o microscopio, antibiogramas e bioloxía molecular.
–Ferramentas ADN: unha cebra na auga e DNI xenético. O peixe cebra converteuse nun organismo modelo para a experimentación en áreas como a biomedicina. O alumnado deste proxecto realizará as técnicas moleculares e as análises necesarias par resolver casos reais de probas de paternidade en animais.
–Fai tremer os teus cimentos. É posible que unha construción estea feita a proba de terremotos? En XuvenCiencia poderás deseñar e construír unha mesa vibratoria 1D controlada por hardware libre e que permita aplicar sobre maquetas ondas de diferentes tipos, para ver como responde, e analizar o seu comportamento en caso de que se producise un sismo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?