Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG e a AMTEGA organizan 18 obradoiros para aprendernos a manexar o novo equipamento diruptivo das aulas CeMIT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG e a AMTEGA organizan 18 obradoiros para aprendernos a manexar o novo equipamento diruptivo das aulas CeMIT

S. P.
Publicado: 10/07/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

aula_cemit_b74be-8777c.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia (AMTEGA) organizan nos meses de xullo, agosto, setembro e outubro unha formación arredor do equipamento disruptivo na Rede CeMIT. O obxectivo destes obradoiros é formar á cidadanía no uso de equipamento innovador co que se ten dotado ao tecido autonómico de aulas de alfabetización tecnolóxica.
Esta actuación enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre o CPEIG e a Axencia autonómica este ano no marco do Plan de Reforma e Ampliación da Rede de aulas CeMIT (2022-2025) para mellorar os servizos de capacitación e formación dixital dos centros CeMIT e adaptarse ás novas demandas da cidadanía.
Organizaranse 18 obradoiros presenciais, de catro horas cada un, nas aulas CeMIT de diversos concellos das catro provincias galegas (en Pontevedra o mércores-12 de 10 a 14 horas), ademais de en Valga, Oroso, O Barco de Valdeorras, Vigo, Ponteareas, A Estrada, Betanzos, Guitiriz, Cuntis, Quiroga, Castrelo de Miño, Moaña, Vimianzo, Boiro, Ribeira, Celanova e San Sadurniño. A inscrición pode realizarse a través da web da Rede CeMIT ou poñéndose en contacto directamente con cada aula.

Recepción do novo material disruptivo da Aula CeMIT de Boiro, o pasado mes de marzo
Recepción do novo material disruptivo da Aula CeMIT de Boiro, o pasado mes de marzo
Como dixemos, a iniciativa ten como finalidade impartir cursos formativos para un uso práctico do novo equipamento disruptivo dispoñible na Rede de aulas CeMIT. Explicarase o funcionamento e usos das impresoras 3D, drons, lentes de realidade virtual, e kits de programación e comunicación como Arduino e Raspberry Pi.
Cada sesión irá acompañada de pílulas informativas de cada elemento, sintetizando os seus aspectos técnicos e principais posibilidades, así como diversos recursos para a súa aprendizaxe de xeito que os usuarios e usuarias poidan inspirarse e interactuar cos diversos sistemas cunha finalidade ocio-educativa.
A actividade está dirixida á cidadanía en xeral que non precisará contar con coñecemento previo, aínda que si con competencias básicas no uso da TIC.
Cursos e inscricións
12 de xullo Pontevedra. Aula CeMIT (Edificio Administrativo da Deputación. Gran Vía de Montero Ríos s/n). 10 a 14 horas;
13 de xullo Valga. Aula CeMIT (Ferreirós, 1 Cordeiro). 10 a 14 horas;
19 de xullo Oroso. Aula CeMIT (rúa do Deporte 9). 10 a 14 horas;
27 de xullo A Estrada. Aula CeMIT (Avenida Benito Vigo, 94, 1º). 10 a 14 horas;
31 de xullo O Barco de Valdeorras. Aula CeMIT (Casa do Concello. Praza do Concello 2, 2º andar). 10 a 14 horas;
31 de xullo Vigo. Aula CeMIT (Auditorio Pazo Congresos Mar de Vigo (Entrada UNED) – 5ª planta. Avda. Beiramar, 59) 9:30 a 13:30 horas;
8 de agosto Ponteareas. Aula CeMIT (Centro de Servizos Sociais, rúa Oriente, 8). 17 a 21 horas;
9 de agosto Betanzos. Aula CeMIT. Oficina municipal de información xuvenil (rúa Emilio Romay, 1). 9:30 a 13:30 horas;
2 de setembro Guitiriz. Aula CeMIT (rúa do Concello, s/n. Casco Urbano). 10 a 14 horas;
4 de setembro Cuntis. Aula CeMIT (Casa do Médico. Circunvalación Don Aurelio, 65). 16 a 20 horas;
7 de setembro Quiroga. Aula CeMIT (Casa da Cultura. Rúa Real, s/n). 16 a 20 horas;
12 de setembro Castrelo de Miño. Aula CeMIT (Avda do Concello nº7 A, Paradela, Barral). 10 a 14 horas;
13 de setembro Moaña. Aula CeMIT (rúa María Martin, 4. Casa da Mocidade. Casco Urbano). 16 a 20 horas;
18 de setembro Vimianzo. Aula CeMIT (rúa A Braña, s/n. Casa da Cultura de Vimianzo). 16 a 20 horas;
19 de setembro Boiro. Aula CeMIT (Centro Social, 1º andar. Rúa Principal s/n). 16 a 20 horas;
2 de outubro Ribeira. Aula CeMIT (rúa 1 Cubeliño, Nº 20). 10 a 14 horas;
3 de outubro Celanova. Aula CeMIT (Parque das Triguerizas s/n). 10 a 14 horas;
4 de outubro San Sadurniño. Aula CeMIT (Avda Marques de Figueroa, 11). 10 a 14 horas;

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?