Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A folla de ruta da Formación Profesional galega porá o foco na capacitación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A folla de ruta da Formación Profesional galega porá o foco na capacitación dixital

S. P.
Publicado: 11/07/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20230711_plan_capacitacionfp2.jpgA Consellería de Cultura e Educación lanzou o que sería o primeiro Plan de Capacitación do Profesorado de FP e Réxime Especial, a folla de ruta formatva específica para estes ámbitos que ten como principal obxectivo “dotar aos docentes das ferramentas necesarias para afrontar os novos retos educativos vinculados ás demandas dos sectores produtivos”, retos que son en boa medida tecnolóxicos, tal e como constatou o conselleiro Román Rodríguez na presentación do plan celebrada este martes 11 de xullo no Centro Galego de Innovación da FP Eduardo Barreiros, en Ourense.
A través deste plan, que supón un investimento global de 1,8M€, ofértanse preto de 11.300 prazas formativas e inclúense unhas 750 actividades entre xornadas, congresos e convocatorias varias, todas elas enfocadas a “garantir a mellor formación didáctica, en competencias lingüísticas, en dixitalización e en distintas áreas de especialización”, matizou Román Rodríguez.
Seis liñas de actuación
O plan contempla seis liñas de actuación específicas que abraguen as áreas lingüística, de dixitalización, de innovación, de formación adaptada aos cursos de especialización, de acreditación de competencias e de formación en alta especialización.
No ámbito das competencias lingüísticas profesionais, incorpora formación en técnicas innovadoras de ensino de idiomas para un proceso de aprendizaxe máis interactivo, dinámico e efectivo. Así mesmo, incorpora o uso de ferramentas tecnolóxicas como aplicacións móbiles, plataformas en liña, software de aprendizaxe de idiomas e recurso multimedia.
Na liña da dixitalización aplicada aos sectores produtivos, tamén se vincula coa integración de tecnoloxías dixitais segundo as familias profesionais, solucións dixitais para a mellora da eficiencia, a produtividade e a calidade nas diferentes áreas de traballo e a transformación de actividades laborais enfocadas a novas oportunidades e desafíos en cada ámbito profesional.
A liña de innovación tecnolóxica, científica e didáctica está enfocada á adquisición de habilidades tecnolóxicas imprescindibles, a aplicación de ferramentas, recurso e metodoloxías tecnolóxicas na aula, transmisión ao alumnado de avances científicos e últimas investigacións e estratexias e enfoques didácticos innovadores que fomenten a aprendizaxe activa, significativa e práctica.
A cuarta das liñas é a de formación adaptada aos cursos de especialización, que inclúe uso de ferramenta, equipamento e software especializado no ámbito laboral e actualización nas técnicas e nas prácticas máis recentes no eido profesional.
Tamén hai unha liña de Acreditación de Competencias Profesionais, con actividades formativas dirixidas a persoal experto non docente. As propostas neste eido inclúen accións para o desenvolvemento das funcións de asesoramento e das funcións de avaliación.
Finalmente, hai unha liña específica de formación en alta especialización, que inclúe o deseño e implementación de actuacións formativas para dar resposta ás demandas e necesidades dos sectores produtivos e á actualización do profesorado.
Neste eido abordaranse os novos retos tecnolóxicos, a formación de profesionais altamente cualificados ou os requisitos para os novos mercados. Para iso terase en conta a formación especializada no uso de tecnoloxías vinculadas aos procesos produtivos, no marco da Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?