Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 40 especialistas participaron na UVigo nun congreso sobre a propiedade intelectual da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 40 especialistas participaron na UVigo nun congreso sobre a propiedade intelectual da IA

S. P.
Publicado: 12/07/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

uvigo_congreso_propiedade_intelectual_ia1.jpgA semana pasada organizouse na Universidade de Vigo congreso O impacto da Intelixencia Artificial no Dereito do Traballo e da Propiedade Intelectual e Industrial, organizado polo grupo de investigación DMT da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. O simposio reuniu no Campus a 40 especialistas, sobre todo de España e Italia. Foi coordinado polos profesores da institución viguesa Rosa Rodríguez Martín-Retortillo e Pablo Fernández Carballo-Calero. O congreso arrancou no edificio de sesións da Autoridade Portuaria de Vigo, centrándose principalmente no eido da propiedade intelectual e industrial, prestando especial atención aos problemas de autoría e patentabilidade das obras realizadas por IA.
As sesións tamén se desenvolveron no Edificio Redeiras, sede institucional da UVigo na cidade, e puxeron o foco no eido do Dereito do Traballo, con relatoiros sobre a utilización de IA para a xestión de recursos humanos e abordando, en particular, os riscos que implica o uso de algoritmos e os nesgos discriminatorios que poden conter na súa configuración.
Despois dunha primeira xornada centrada en analizar a patentabilidade e a propiedade das obras xeradas por IA (o xoves), o congreso arrancou o venres cun panel de debate moderado polo catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo Jaime Cabeza Pereiro. Nel interveu María Luz Rodríguez Rodríguez, catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Castilla La Mancha, unha especialista, como destacaba na súa presentación o profesor Cabeza, que atesoura “cunha actividade desbordante no mundo das relacións laborais e unha das persoas que está liderando o debate a nivel español sobre as consecuencias laborais da revolución dixital, da robotización e da Intelixencia Artificial”.
Cabeza destacou a súa “intensa dedicación pública”, ostentando no pasado o cargo de conselleira de Emprego de Castilla La Mancha e de secretaria de Estado do Ministerio de Traballo con Valeriano Gómez. “Moi activa en foros internacionais e en particular na Organización Internacional do Traballo”, na actualidade está moi implicada na “elaboración dun documento fundamental sobre o traballo decente na economía de plataformas, un tema enormemente ligado coa temática deste congreso”. Na súa intervención centrouse en analizar o impacto que ten e, que sobre todo, terá a robotización no emprego, especialmente en determinados sectores que serán máis vulnerables a esta revolución. A experta remarcou que para que este sexa un tema de interese para un país, é preciso que ese país “teña xa un certo desenvolvemento tecnolóxico”, e entre outros datos, referiuse á Enquisa sobre o uso das TIC e o comercio electrónico nas empresas, un estudo de 2022 que sinala que arredor dun 12% das empresas de España empregan xa Big Data e Intelixencia Artificial. “A situación sobre o desenvolvemento tecnolóxico de España é boa, pero irá incrementándose”, é unha aposta gobernamental que se recolle no Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia e no reparto dos fondos Next Generation. Con todo, destacou a experta que son as grandes empresas as que concentran boa parte deste esforzo de automatización, dixitalización e incorporación da IA.
Segundo Rodríguez esta revolución tecnolóxica implica retos e tamén oportunidades, e salientou a necesidade de debater sobre as vantaxes da dixitalización e canalizar os inconvenientes do uso da tecnoloxías. Defende que a tecnoloxía en si non é boa nin mala, o determinante é o uso que se fai dela, por iso defende a necesidade dun debate serio e fondo sobre como minimizar os riscos e potenciar as vantaxes.
A segunda convidada da xornada foi Aída Ponce del Castillo, investigadora do European Trade Union Institute (ETUI), que se centrou na IA e a xestión algorítmica do traballo. “Especialista na fronteira entre a ciencia e a tecnoloxía”, como a presentaba o catedrático Jaime Cabeza, as súas achegas céntranse nas implicacións éticas, sociais e legais das tecnoloxías emerxentes. Ponce ten ocupado postos en diferentes comités especializados da Comisión Europea e é membro de varios grupos de traballo da OCDE sobre bioteconoloxía, nanotecnoloxía e tecnoloxías converxentes.
Tras unha pausa, iniciouse o segundo panel de relatorios, moderado por Belén Fernández Docampo, profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo, coa intervención de dous especialistas italianos: Federico Martelloni, profesor da Università di Bologna e Valeria Nuzzo, da Università degli studi della Campagna Luigi Vanvitelli. O primeiro centrouse nas decisións automatizadas e discriminación e o segundo sobre a incidencia da IA na cualificación do contrato, tanto autónomo como subordinado.
O congreso concluíu coa presentación de comunicación, unha sesión que foi moderada polo profesor da UVigo Alexandre Pazos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?