Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pablo Lorenzo-Eiroa, un dos maiores expertos do mundo en IA e arquitectura, ofrecerá unha conferencia na sede do COAG na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pablo Lorenzo-Eiroa, un dos maiores expertos do mundo en IA e arquitectura, ofrecerá unha conferencia na sede do COAG na Coruña

S. P.
Publicado: 12/07/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

pablo-lorenzo-eiroa.jpgA Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) celebrará o vindeiro mércores, 19 de xullo, unha conferencia cun dos maiores expertos do mundo na área de coñecemento da arquitectura e Intelixencia Artificial (IA), o arquitecto arxentino, de orixe galega, Pablo Lorenzo-Eiroa.
A conferencia, organizada en colaboración coa Asociación cultural Flor de Santiago e Viñedo Lagar do Vento, será ás 19:00 horas na sede do COAG da Coruña (rúa Federico Tapia, 64). Presentarán o acto a presidenta da Delegación de A Coruña do COAG, a arquitecta e investigadora Ruth Varela; e o secretario da Delegación de A Coruña do COAG, o arquitecto e profesor Emilio Rodríguez Blanco.
Pablo Lorenzo-Eiroa é un arquitecto e docente con proxección internacional nos ámbitos da arquitectura, o urbanismo, a ecoloxía e a computación. Impartirá a conferencia titulada Arquitectura de Arquitecturas: Creación, feudalismo dixital e Intelixencia Artificial na que presentará os últimos avances das súas investigacións sobre tecnoloxías disruptivas e arquitectura recollidos no libro Digital Signifiers in an Architecture of Information: From Big Data and Simulation to Artificial Intelligence, recentemente publicado pola prestixiosa editorial Routledge (Londres, 2023).
A obra do arquitecto Pablo Lorenzo-Eiroa innova en sistemas de representación e construción baseados en información a través de materiais, robótica e fabricación dixital. Con raíces nas cidades da Coruña e de Ferrol (a súa tía avoa vivía na rúa do Orzán 130, antes de marchar cara Bos Aires na década de 1930 onde se faría cargo do coidado do seu pai), o arquitecto denominou ao seu estudo neoiorquino, como unha homenaxe a esta orixe galega, e-Architects en referencia a Eiroa-Architects, que na súa interpretación da palabra galega Eiroa ven a significar “traballo dos arquitectos da terra”.
Pablo Lorenzo-Eiroa analizará, entre outros aspectos, a influencia da IA na práctica profesional do arquitecto e na arquitectura. Como avance, o arquitecto arxentino explica que a IA non é só unha ferramenta, senón un conxunto de ferramentas correlacionais, é dicir, máis ben “unha plataforma de procesamento de datos e de modelado emerxente correlacional paralelo”. Sinala que os datos, as grandes bases de datos e os modelos de IA no seu conxunto, constitúen, a través de estatística e algoritmos que se auto optimizan, un conxunto de ferramentas que son dinámicas e complexas.
O investigador salienta tamén que a arquitectura e os arquitectos estaban evolucionando con relación a unha arquitectura de arquitecturas, é dicir, ao desenvolvemento de ferramentas, interfaces e plataformas nas que se desenvolve arquitectura, elevando a un meta-nivel a arquitectura. “Os arquitectos teñen que desenvolver plataformas para activar datos e modelos que poidan competir coas grandes bases de datos, así como colaborar entre todos os profesionais da arquitectura para facer fronte ao feudalismo dixital”, comenta.
A conferencia abordará tamén os novos paradigmas de representación establecidos pola computación, así como o concepto de creación e autoría no desenvolvemento de tecnoloxías computacionais relacionadas coa arquitectura e, especialmente, coa recolección de datos, a información, a representación, o espazo multidimensional, as grandes bases de datos e a Intelixencia Artificial, na procura de activar unha arquitectura da información.
O doutor arquitecto Pablo Lorenzo-Eiroa é profesor asociado con Tenure, director do AI Lab e primeiro director do Master of Science in Architecture, Computational Technologies program na School of Architecture an Design no New York Institute of Technologie (NYIT).
É doutor en Arquitectura pola UIC de Barcelona, arquitecto pola Universidade de Bos Aires, onde realizou estudos de Máster e un Seminario de posgrao na Escola Superior de Belas Artes da Cárcova. Posteriormente, logrou a bolsa Fulbright e o Fondo Nacional das Artes para completar o seu M.Arch II na Universidade de Princeton. Profesionalmente, Lorenzo-Eiroa é o director de deseño da práctica experimental en e-Architects (Nova York /Bos Aires) baseada nunha Arquitectura e Urbanismo da Información emerxentes. e-Architects desenvolve software, “mapeo” de información e “visualizacións” implementando Big Data, incluíndo robótica para “debuxar” e para “construír”, entendéndoas como proto-arquitectónicas. A súa obra construída inclúe parques, edificios e instalacións en Bos Aires, Nova York e Europa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?