Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A tecnolóxica Techaway muda a súa sede a Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A tecnolóxica Techaway muda a súa sede a Lugo

S. P.
Publicado: 13/07/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

lugo_transforma_techaway.jpgA alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu a coñecer esta semana á cuarta das empresas que contará co financiamento da Estratexia Lugo Transforma, iniciativa pioneira posta en marcha durante a pandemia por impulso da rexedora co obxectivo de “favorecer a diversificación industrial do municipio tomando como base a creación de emprego de calidade e estable”. A firma en cuestión é Techaway, startup catalá que ofrece soporte para a xestión empresarial dende unha plataforma online. Recibirá un investimento de 500.000 € en dúas fases de financiamento.
Acompañada polo conselleiro delegado de Torsa Capital, Jesús Torres e pola analista Marta Baltar, alén do Interventor municipal, Manuel Vázquez, Lara Méndez deu a benvida a Techaway como outra das beneficiarias deste fondo emprendedor.
“Trátase”, dixo, “dunha nova firma innovadora enfocada a desenvolver negocios innovadores e disruptivos que ofrece unha proposta para resolver a xestión do IT dos postos de traballo (hardware, software, soporte e control) de todo tipo de empresas, de xeito que lles propón un servizo dixital, sen desprazamentos, mediante unha plataforma online que asiste todos os procesos das empresas como o mantemento, a asistencia, as altas ou baixas, etc, para que a súa xestión sexa fácil e eficiente e estas poidan centrarse na súa actividade sen ter que preocuparse da xestión informática”.
A rexedora deu conta de que todos os dispositivos de Techaway “teñen unha primeira vida útil (de ata 36 meses) ao final da cal se lles proporciona unha segunda vida en ámbitos menos esixentes, como o mercado doméstico ou educativo e, cando o dispositivo é inservible, garanten, alén, a súa reciclaxe”.
Méndez tamén lembrou acompañamento que se realiza a través do Lugo Transforma, do que recibirá medio millón de euros (a razón dunha primeira achega de 300.000 euros xa materializada para ampliación de capital e outra posterior de 200.000 €, suxeita a obtención de fitos) destinarase á adquisición de talento, captación de clientes e mercadotecnia. “Ademais”, dixo, “ese investimento servirá tamén para que Techaway afronte o fortalecemento da compañía, multiplicando por 6 o persoal actual para alcanzar, en 2025, un cadro de 30 persoas, para o que agarda contratar en torno a 20 profesionais nos vindeiros anos, fundamentalmente perfís comerciais, tecnolóxicos e de atención ao cliente, entre outros, aínda que os primeiros en incorporarse serán para ocupar posicións de desenvolvemento de negocio e de enxeñeiro de software”.
Mónica Fernández, fundadora da empresa, e Alaitz Blanquer, COO de Techaway, agradeceron o apoio do Concello e relataron as facilidades e toda a colaboración que recibiron para decantarse por implantar a súa sede na cidade fronte a outras ofertas, ao tempo que incidiron na súa vontade de “acadar con isto que o emprendemento dixital se disperse polo territorio, de xeito que a posibilidade de facelo en Lugo foi unha alegría”, dixeron.
O Fondo Lugo Transforma está constituído polo Concello de Lugo, que mobilizou 12 millóns de euros, e polas compañías Lence, Norvento Enerxía, Torre de Núñez, Grupo Arenal, Alibos, Candelas, Grupo El Progreso, Dmanán e Torsa capital que incrementaron o fondo inversor con un millón de euros máis.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?