Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gadis lanza un concurso en TikTok para impulsar o uso do galego entre a mocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gadis lanza un concurso en TikTok para impulsar o uso do galego entre a mocidade

S. P.
Publicado: 13/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gadis_orixe_zeta_1.jpgSupermercados Gadis vén de lanzar a iniciativa Orixe Zeta, a primeira edición do Concurso Gadis de Nova Creatividade Galega. Fíxoo no marco do convenio asinado coa Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e co foco posto nas redes sociais, concretamente nun dos servizos de comunicación máis empregados na actualidade polas novas xeracións: a rede TikTok. O obxectivo é “promover o emprego do galego entre a mocidade, ademais de poñer en valor o seu talento creando contidos orixinais neste idioma nas súas redes sociais”.
Esta iniciativa está dirixida a mozas e mozos de entre 18 e 30 anos, que deberán publicar un vídeo orixinal en galego de menos de 60 segundos en TikTok. Terá que encaixar nalgunha das seguintes disciplinas: música, poesía, creatividade audiovisual ou creatividade gráfica e compartilo na páxina web da iniciativa.
O prazo para participar neste concurso xa está aberto ata o próximo 17 de setembro.
O xurado elixirá dous gañadores: para o vídeo co mellor contido e para o que goce de mellor calidade técnica. Serán agasallados cun iPhone® 13, Midnight 128 GB e uns airpods. Entre o resto de participantes, sortearanse 10 vales de compra por valor de 50 euros para utilizar nos establecementos Gadis.
gadis_orixe_zeta_2.jpg O desenvolvemento deste concurso enmárcase no compromiso de Gadis coa cultura galega dando continuidade no tempo ás accións que leva a cabo ao fío do Día das Letras Galegas. Para achegarse á xeración Zeta, elixiu levar a cabo esta iniciativa nunha das plataformas dixitais que máis empregan no seu día a día, de xeito que poidan expresar o seu talento utilizando este idioma. “Pretendemos tamén propiciar un espazo inspirador, no que se sintan valorados por amosar a súa creatividade no idioma propio”, sinalan fontes da empresa galega, engadindo que esta acción súmase ao recente lanzamento do 4º Concurso de Microrrelatos de Gadis, coa natureza como tema central (co prazo de participación aínda aberto, ata o 31 de agosto, para enviar textos breves en galego ou castelán).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?