Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Servizo de Emprego do Clúster TIC inicia a súa actividade con máis de 260 vacantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Servizo de Emprego do Clúster TIC inicia a súa actividade con máis de 260 vacantes

S. P.
Publicado: 13/07/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

emprego_traballo_computador.jpgO Clúster TIC Galicia activou o seu Servizo de Emprego e fíxoo con máis 260 vacantes de empresas asociadas. O servizo foi posto en marcha en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta. Polo momento, recolléronse postos sen cubrir de 40 dos 135 socios, polo que a entidade prevé que a cifra se incremente de forma considerable a medida que todas as firmas indiquen as súas ofertas de perfís tecnolóxicos.
“Necesitamos datos actualizados de vacantes no sector en Galicia e indicadores fiables que nos axuden a identificar, por un lado, talento cualificado, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras, e por outro, aqueles perfís que son moi difíciles de atopar”, sinala Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia.
O novo Servizo de Emprego do Clúster TIC Galicia ten como obxectivo “axudar ás empresas tecnolóxicas a atopar o talento cualificado que precisan e que non conseguen cubrir”, polo que estas ofertas laborais recolleranse, ademais, nun portal de emprego que a entidade lanzará en datas vindeiras. Deste xeito, tanto as firmas TIC como os profesionais do sector poderán publicar e consultar as vacantes nun único espazo, facilitando así a procura de emprego. “Con esta finalidade, tamén se colaborará coas asociadas especializadas en selección de persoal”, engadiu o presidente do Clúster, apuntando que todos os datos obtidos serán compartidos co Servizo Público de Emprego de Galicia “coa finalidade de axudar a establecer políticas de formación orientadas a estas ofertas, así como para a mellora do sistema”.
O 50% das vacantes son de expertos en desenvolvemento de software, das cales, o 70% corresponden a profesionais en desenvolvemento de software na nube e o 30% restante a perfís de interface de usuario e deseñadores gráficos. Ademais, o Clúster informou que un 15% son postos sen cubrir como administradores de sistemas, un 10% de analistas e xefes de proxecto e o 25% restante de profesionais de Big Data e Intelixencia Artificial, ciberseguridade e calidade de software.
Outro dos obxectivos do novo Servizo de Emprego, ademais de identificar as ofertas, é “recompilar información de diversa índole relacionada co ámbito laboral no sector TIC galego: o emprego creado, o tempo medio de recrutamento, as principais fontes de selección de persoal, a rotación no sector, os salarios medios por posto, etc”.
Antonio del Corral engadiu que “con estes datos, sobre todo cos de capacidades e ocupacións, poderemos propoñer a distintas institucións galegas a creación de formacións específicas adaptadas aos postos que necesitamos cubrir: certificados de profesionalidade, ciclos de formación profesional, aumento das prazas en distintas facultades, etc.”.
Tamén informou que outra das accións que contempla o servizo é “exercer como intermediario nos programas de carácter autonómico Retorna Cualifica Emprego, para incorporar talento migrante residente no exterior ao mercado laboral galego, e Xuventude Mentoring, para ofrecer asesoramento e apoio a alumnado egresado”. Traballará tamén na procura de eventos do sector fóra da Comunidade para crear unha marca simbólica propia de Galicia TIC, que contribúa a atraer talento nacional ás empresas tecnolóxicas galegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?