Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 6,2 millóns de euros para impulsar os centros tecnolóxicos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

6,2 millóns de euros para impulsar os centros tecnolóxicos galegos

Redacción
Publicado: 17/07/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

dog-gain.jpgA Xunta de Galicia vén de abrir o prazo da nova convocatoria de financiamento para dar continuidade, por dous anos mais, ao labor que desenvolven os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia que figuran no rexistro estatal do Ministerio de Ciencia e Innovación. Destinaranse 6,2 millóns de euros durante os anos 2023 e 2024.
Deste xeito, os sete centros tecnolóxicos de Galicia –Aimen, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), Anfaco-Cecopesca, Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), EnergyLab e o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (Cetim) e os dous centros de apoio á innovación tecnolóxica -Centro Tecnolóxico da Auga (Cetaqua) e o Clúster de Acuicultura de Galicia (Cetga)– teñen ata o 14 de agosto para optar a estas axudas.
A Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación, renova este financiamento co obxectivo de proporcionar a estes centros un horizonte de certeza económica que lles permita planificar e executar, coa programación adecuada, as actividades de I+D+i que pretenden realizar.
As axudas distribúense en función de 17 indicadores que valoran a perspectiva financeira, de resultados e excelencia, e de persoal e igualdade de cada centro. Vincúlase o financiamento público aos resultados obtidos por cada centro en transferencia de coñecemento e captación de fondos competitivos, entre outros aspectos. Os custos que se apoian inclúen persoal investigador ou técnico, material bibliográfico e funxible, custos de formación do persoal do centro e outros gastos ata un máximo do 10% da axuda concedida. Deste xeito impulsa a atracción e retención de talento.
Enmarcada na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia, este financiamento basal promove así a excelencia científico-técnica e a posta en valor do coñecemento, impulsando a colaboración co tecido empresarial para potenciar o impacto na competitividade das empresas e o crecemento da economía galega.
Esta liña compleméntase coas axudas á adquisición de infraestruturas para fortalecer as capacidades destes centros, e co financiamento basal ás fundacións de investigación sanitaria e os recursos do Consejo Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia.
Estes centros son un referente estatal pola súa especialización, posicionamento e competitividade e actores clave do ecosistema galego de innovación pola súa contribución ao desenvolvemento de tecnoloxías e á innovación, así como pola súa colaboración en iniciativas tractoras. O seu traballo xira en torno ás cadeas de valor estratéxicas de Galicia.
Entre os seus obxectivos está o de tender pontes entre a ciencia e as solucións tecnolóxicas e innovadoras que demandan tanto o tecido empresarial como as administracións. Por iso, o Goberno galego tamén deseñou programas específicos como Conecta Peme, Fábrica Intelixente e Sostible ou as Unidades Mixtas de Investigación que buscan impulsar unha participación activa destes centros promovendo a súa cooperación coa industria e favorecendo que a innovación chegue a todo tipo de empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?