Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EMEGA mobiliza máis de 4,8 millóns de axudas para o fomento do emprego feminino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EMEGA mobiliza máis de 4,8 millóns de axudas para o fomento do emprego feminino

S. P.
Publicado: 17/07/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20230717_emega_xoias_ourense_3.jpgA conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e a secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, achegaron este luns 17 de xullo máis detalles sobre o programa EMEGA de fomento do emprendemento feminino, cuxo prazo de solicitude de axudas estará aberto ata o 7 de agosto e que nesta edición saldarase nunhas 370 axudas grazas a un orzamento case un 10% superior ao do ano pasado. Rivo compartiu esta información nunha visita a unha escola infantil e a un taller de xoias 3D beneficiarios en conxunto de 44.000 euros no marco deste programa e que cualificou de perfectos exemplos do “talento feminino”.
Na estadía en Ourense a conselleira recordou que as axudas EMEGA “permiten incrementar a presenza feminina no mercado laboral galego”, o que “suporá un gran avance colectivo e unha maior prosperidade para Galicia axudando a mulleres emprendedoras e talentosas”· En concreto, buscan apoiar a posta en marcha, a mellora e a activación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres.
A conselleira lembrou que o programa está integrado por catro liñas: Emprende, con incentivos para a posta en marcha de novas empresas por parte de mulleres desempregadas e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea; Activa, para favorecer a reactivación e consolidación de proxectos empresariais impulsados por mulleres ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade; ITEF, que pon o foco no apoio a iniciativas empresariais con carácter innovador, con contido científico ou de base tecnolóxica promovidas por mulleres; e a liña Concilia, complementaria das tres anteriores, para axudar tanto ás mulleres promotoras como ás traballadoras ao seu cargo na súa conciliación.
En concreto, a escola infantil Arlequín viuse beneficiada dunha achega de 17.000 euros da liña Activa co gallo de renovar os materiais dedicados á educación dos nenos, adquirir equipamento tecnolóxico e crear unha páxina web que permita unha mellor interacción entre os pais e a escola, así como para investir en mercadotecnia online. “Deste xeito, contribúese á consolidación dos postos de traballo das seis mulleres profesionais coas que conta o negocio, todas con contrato indefinido”, sinalou a conselleira.
No caso da empresa de deseño e fabricación de xoias Suagongo, con dous postos de traballo femininos asociados, unha subvención de 27.000 euros da liña ITEF permitirá dar un pulo a esta iniciativa que combina a artesanía tradicional coa tecnoloxía 3D.
Para resultar beneficiarias, as mulleres emprendedoras deben liderar unha microempresa ou pequena empresa validamente constituída e domiciliada en Galicia. Entre outros requisitos, deben manter vinculación laboral co proxecto que, á súa vez, ten que ser viable económica, técnica e financeiramente. Á hora de distribuír as axudas, teranse en conta, entre outros criterios, o emprego feminino xerado e/ou mantido por conta propia ou allea de carácter indefinido, a pertenza a sectores económicos nos cales as mulleres estean infrarrepresentadas, a contribución á integración laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero, con discapacidade ou desempregadas de longa duración ou se a actividade empresarial está dedicada á prestación de servizos de conciliación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?