Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus Terra (USC), á vangarda no emprego de TIC na formación veterinaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus Terra (USC), á vangarda no emprego de TIC na formación veterinaria

S. P.
Publicado: 17/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lugo_usc_veterinaria.jpgA Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC foi quen de situarse á cabeza de Europa en materia de uso das novas ferramentas tecnolóxicas para a formación de novas e novos profesionais. Isto despréndese do acordo aprobado na trixésima sexta asemblea xeral da Asociación Europea de Facultades de Veterinaria de Europa (EAEVE).
Neste foro internacional desenvolvido en xuño na cidade alemá de Leipzig aprobouse que as facultades ou centros de ensinanza superior que impartan a titulación de grao en Veterinaria deberán contar “con un ou varios laboratorios de Habilidades Clínicas, ademais de dispor de aulas de simulación virtual para garantir a calidade da súa formación e superar así os procedementos de acreditación internacional”.
Na dita asemblea xeral da EAEVE situouse o centro universitario do Campus Terra “como referente en España e Europa tanto no uso de novas tecnoloxías para a formación do seu alumnado como na aplicación de prácticas e procesos respectuosos co benestar animal”.
O decano da Facultade de Veterinaria da USC, Gonzalo Fernández Rodríguez, sinalou neste senso que o centro universitario lugués emprega desde hai xa tres anos un laboratorio de habilidades clínicas, dotado de diversos modelos animais, que no presente curso foron empregados en máis de 800 ocasións por estudantes de terceiro, cuarto e quinto curso do grao en Veterinaria, así como dun amplo abano de material acaído para favorecer a formación práctica dos futuros profesionais.
Segundo explica o decano, as dotacións tecnolóxicas facilitaron a práctica e adquisición de coñecementos por parte do alumnado, que puido así repetir os procedementos para acadar maior pericia e completalos “de forma exitosa”. A disposición destes recursos posibilita ao alumnado, segundo subliña Gonzalo Fernández, para acadar “unha mellor preparación antes de realizar procedementos en animais vivos, o que redunda nun maior benestar animal, ademais de facer viables outras intervencións que non son posibles programar nas prácticas regradas, tal e como poden ser os partos ou determinadas patoloxías cardíacas pouco frecuentes”.
A recente posta en marcha dunha aula de simulación virtual no centro universitario lugués, engade o decano da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, afonda aínda máis nesta nova dimensión formativa, “xa que permite ao alumnado e tamén ao persoal investigador participar de xeito virtual, pero a xeito de protagonista, das distintas actividades e intervencións que se desenvolven nas explotacións gandeiras e mesmo de procesos clínicos e intervencións cirúrxicas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?