Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O plan para a convivencia escolar achegou este curso máis de 4.000 charlas sobre ciberseguridade na nosa terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O plan para a convivencia escolar achegou este curso máis de 4.000 charlas sobre ciberseguridade na nosa terra

S. P.
Publicado: 17/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

reunion_plan_director.jpgO Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos, impulsado polo Goberno central, pechou o curso académico en Galicia. Fíxoo un récord de 4.096 actividades e charlas en 954 centros educativos e un aumento do 51,5% do número de asistentes. Moitas destas actividades puxeron o foco en fomentar un uso racional, igualitario e positivo das novas tecnoloxías e dispositivos. Estes e outros datos foron achegados no balance feito pola comisión autonómica de seguimento do plan, reunida na Delegación do Goberno.
O xefe de Área de Alta Inspección Educativa da Delegación do Goberno, Manuel Regueiro, destacou o aumento das charlas sobre ciberseguridade e prevención do acoso, que foron 2.609 das 4.096 charlas en total.
Segundo explicaron os participantes na xuntanza, este programa operativo (implementado en coordinación coa Xunta e a FEGAMP) ten como elemento máis destacado a celebración de actividades formativas en materia de seguridade dirixidas por equipos especializados da Policía Nacional e a Garda Civil a petición dos propios centros.
Manuel Regueiro resaltou a participación de 125.134 persoas membros da comunidade educativa, 42.344 máis que o ano pasado. Delas, 115.430 eran alumnos e alumnas, 6.547 membros do profesorado e 3.157 pais, nais ou titores.
Ademais da ciberseguridade e acoso, as principais temáticas impartidas foron a violencia de xénero e o consumo de drogas e alcol. O total de charlas impartidas foi un 16% máis que o curso anterior.
Xunto coas actividades e charlas, outra parte importante deste Plan de Convivencia Escolar é a tarefa de vixilancia na contorna dos centros educativos, para previr, entre outros, a venda e consumo de drogas. Neste curso, a Policía Nacional e a Garda Civil realizaron 14.377 vixilancias en 1.228 centros de Galicia e desactivaron 12 puntos de venda de drogas (7 na provincia da Coruña, 4 en Lugo e 1 en Pontevedra).
No vindeiro curso escolar o plan para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos reforzará a prevención dos riscos asociados as novas tecnoloxías dixitais e combaterá con máis eficacia as violencias sexuais, de xénero e a discriminación. Poñerase o foco nas novas vías para exercer a violencia como poden ser os entornas dixitais, as redes sociais e outros servizos dixitais.
Asi, explicouse, a Policía Nacional e a Garda Civil desenvolverán programas de formación continua que “garantirán a cualificación necesaria aos axentes responsables da execución do programa educativo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?