Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CNMC impón unha multa de máis de 194 millóns de euros a Apple e Amazon
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CNMC impón unha multa de máis de 194 millóns de euros a Apple e Amazon

Marcus Fernández
Publicado: 18/07/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

amazon_es_iphone.jpgA Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia vén de establecer en 194.150.000 euros a sanción imposta en total a Amazon e Apple por pactar e executar determinadas restricións da competencia no mercado en liña de Amazon, que afectan a terceiros revendedores de produtos Apple e a produtos competidores de Apple.
A CNMC lembra que o 31 de outubro de 2018 Amazon e Apple asinaron contratos nos que se actualizaban as condicións de Amazon como distribuidor autorizado de Apple, incluíndo cláusulas restritivas da venda minorista pola Internet, como acordar que unicamente unha serie de distribuidores designados pola propia Apple podían vender os produtos da súa marca a través da web de Amazon en España.
Determinouse que máis do 90% dos revendedores que viñan a utilizar Amazon.es para a venda minorista quedaron excluídos do principal mercado en liña de España; os vendedores non autorizados por Apple perderon unha importantes canle de vendas; as vendas de produtos de Apple concentrouse en Amazon (reducindo a competencia entre revendedores); reducíronse as vendas de produtos Apple a través de Amazon.es por parte de vendedores noutros países da Unión Europea; e apreciouse un incremento dos prezos relativos pagados polos consumidores pola compra de produtos Apple en Amazon.es.
O acordo entre Amazon e Apple tamén limitaba a posibilidade de que as marcas competidoras de Apple puidesen adquirir espazos publicitarios en Amazon.es para anunciar os seus produtos cando se realicen buscas de produtos de Apple, así como durante o proceso de compra dos devanditos produtos. Tamén se limitou a publicidade que puidese inducir a consumidores de produtos de Apple a facerse cun produtos da competencia.
A CNMC considera que as cláusulas restrinxen a competencia intramarca e intermarca, constitúen unha infracción única e continuada da Lei de Defensa da Competencia e do Tratado de Funcionamento da Unión Europea, polo que multan a Apple con 143.640.000 euros e a Amazon con 50.510.000 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?