Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Internaco presenta no Campus Terra os últimos avances en agrotech
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Internaco presenta no Campus Terra os últimos avances en agrotech

S. P.
Publicado: 18/07/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

robotica_agro_internaco.jpgO grupo galego Internaco, con sede en Ordes, protagonizará unhas xornadas sobre agrorobótica organizadas esta semana pola Escola Politécnica Superior de Enxeñería (EPSI) do Campus Terra, da Universidade de Santiago (USC). O obxectivo, en palabras da empresa, é “trasladar aos alumnos do Grao de Robótica de Lugo (único en España) e a estudantes de disciplinas relacionadas con este ámbito a importancia da innovación na agricultura do futuro, así como as perspectivas que se abren coa implantación da robotización nos traballos do campo”.
Segundo engade o grupo sobre os porqués desta xornada, “o futuro do sector agrícola pasa sen dúbida pola innovación, e neste contexto a agrorobótica preséntase como un sector en clara expansión cunhas perspectivas dun rápido crecemento”.
Con este enfoque, a Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus Terra elixiu a Internaco para protagonizar a xornada de portas abertas que se celebrará o vindeiro mércores, 19 de xullo, no salón de actos da EPSI de Lugo.
O programa desenvolverase desde as 9.30 horas.
Trátase dun ciclo de conferencias e demostracións prácticas nas que Internaco trasladará aos asistentes a súa longa experiencia no sector da innovación e a dixitalización do sector agrícola, forestal e de xardinería. “Trátase dunha aposta pola modernización na que levamos profundando desde o noso nacemento, hai xa case 50 anos a través de marcas líderes como a sueca Husqvarna e a través da empresa AG/AG Group”, indican.
Internaco, en concreto, mostrará a súa visión sobre a robotización dos traballos relacionados coa agricultura e a xardinería, así como as perspectivas de futuro sobre a súa implantación en España.
Para iso, Sergio Grau, director de vendas de AG/AG Group, fará unha presentación do grupo empresarial creado en 1976 e especializado na comercialización de solucións innovadoras, competitivas e de calidade, con produtos e servizos orientados ao coidado de espazos naturais a través dunha ampla e especializada rede de distribución. A súa aposta pola agrorobótica reforzouse nos últimos anos coa incorporación de marcas de referencia no sector. Unha das máis significativas é a sueca Husqvarna, que destaca no dito ámbito de traballo coa súa liña de robots Husqvarna Automower, que ofrece solucións para cada tipo de céspede dun modo sustentable e respectando a biodiversidade en cada espazo.
As conferencias contarán tamén coa presenza de Carlos Rivera (xestor de produto de Automower), que centrará o seu relatorio na modernización, a evolución e o futuro da robótica no sector do campo e xardín.
A xornada completarase con outras dúas intervencións sobre a innovación no ámbito da horticultura e o viñedo a través da presenza de representantes de AG/AG Group, que forma parte do grupo Internaco desde 2022.
Pola súa banda, Josep Dalmases e Sophie Graillot abordarán aspectos destacados dos robots agrícolas das marcas FramDroid e Naïo que AG/AG Group distribúe en España e Portugal.
Ademais dos relatorios, as xornadas organizadas pola Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo inclúen, a partir das 12.30 horas, demostracións que se realizarán nos campos de prácticas da EPSI. Os asistentes poderán ver en funcionamento dous dos robots fabricados pola empresa francesa Naïo Technologies: o modelo TED, para traballos en plantacións de viñedo, e o modelo OZ, para tarefas en explotacións hortícolas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?