Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea presentou no Meta-Forum ás súas contribucións á igualdade dixital das linguas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea presentou no Meta-Forum ás súas contribucións á igualdade dixital das linguas

S. P.
Publicado: 20/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

meta_forum_2023.jpgO pasado mes de xuño Balidea participou no Meta-Forum 2023 en Bruxelas, un evento de referencia en Europa no ámbito da igualdade dixital das linguas. A empresa compostelá foi convidada a expoñer as súas contribucións á Axenda Estratéxica de Investigación, Innovación e Implementación para alcanzar a plena igualdade dixital nas linguas europeas ata o ano 2030 (SRIA). Estas achegas foron financiadas polo programa ELE (European Language Equality) a través da súa convocatoria aberta.
Entre as principais contribucións de Balidea á Axenda Estratéxica está a creación dunha guía sobre como deseñar conxuntos de datos SLU en escenarios de escasos recursos. Para iso a empresa galega estableceu os principais requirimentos para o deseño de conxuntos de datos de comprensión da linguaxe (SLU) e propuxo medidas de calidade para asegurar o seu éxito, mesmo en contextos con recursos limitados e para linguas minoritarias.
Doutra banda, contribuíu cunha guía sobre como deseñar campañas de recollida de datos centradas nos usuarios obxectivo, proporcionando recomendacións prácticas para garantir a calidade das mostras recollidas e a efectividade da campaña.
Experiencia FalAI: proxecto de recollida de voces en galego
Ademais de anos de experiencia no desenvolvemento de asistentes virtuais e tecnoloxías da linguaxe, a contribución de Balidea á SRIA baseouse no éxito do proxecto FalAI, desenvolvido co centro AtlanTTic (UVigo), que busca recoller voces en galego co obxectivo de adestrar algoritmos que permitan ás persoas comunicarse neste idioma co mundo dixital.
A iniciativa foi un éxito de colaboración público-privada e logrou reunir 250.000 gravacións, converténdose na base de datasets aberta para asistentes virtuais máis grande do mundo en calquera idioma.
A campaña permanece aberta, polo que se pode seguir contribuíndo a través da web falai.balidea.com. Ademais, pódense consultar os datos da campaña en tempo real.
Anos de investigación e desenvolvemento de asistentes de conversa
A área de I+D+i de Balidea leva anos apostando polo desenvolvemento de tecnoloxías da linguaxe, o que converte a empresa compostelá nun referente no ámbito dos asistentes conversacionais por voz, tanto para o galego como para o castelán.
Tamén é de destacar a súa especialización en dous eidos concretos: asistentes conversacionais para o apoio e seguimento a pacientes crónicos (telemedicina) e asistentes de conversa para o apoio, soporte e axuda aos cidadáns en procesos administrativos (eAdministración, eGoberno).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?